Stanley George Payne, nado o 9 de setembro de 1934 en Denton (Texas), é un historiador, escritor e hispanista estadounidense.

Traxectoria É doutor en historia pola Universidade de Columbia e profesor emérito de historia na Universidade de Wisconsin-Madison, onde é catedrático Hilldale-Jaume Vicens Vives.​ Tamén é codirector de Journal of Contemporary History,​ membro da Academia Americana de Artes e Ciencias (American Academy of Arts and Sciences) e, dende 1987, académico correspondente da Real Academia Española da Historia.

Payne escribe con certa frecuencia artigos de opinión nos xornais españois ABC e El Mundo sobre actualidade hispana. Tamén na Revista de Libros colabora asiduamente cos seus ensaios bibliográficos. Ten colaborado con varias universidades en España en temas ligados co franquismo e a II República Española.

En 2009 foi nomeado cabaleiro da gran cruz da Orde de Isabel a Católica.

Obra Falange: A History of Spanish Fascism, 1961 Politics and the Military in Modern Spain, 1967 Franco's Spain, 1967 The Spanish Revolution, 1970 A History of Spain and Portugal (2 vol 1973) texto completo libre do volume online vol 1 anterior a 1700; texto completo libre online vol 2 despois de 1700; standard scholarly history Basque Nationalism, 1975 La revolución y la guerra civil española, 1976 Fascism: Comparison and Definition, 1980 Spanish Catholicism: An Historical Overview, 1984 The Franco Regime 1936-1975, 1988 Franco: El perfil de la historia, 1992 Spain's First Democracy: The Second Republic, 1931-1936, 1993 A History of Fascism 1914-1945, 1996 El primer franquismo, 1939-1959: Los años de la autarquía, 1998 Fascism in Spain 1923-1977, 2000 The Spanish Civil War, the Soviet Union, and Communism 1931-1939, 2004 The Collapse of the Spanish Republic, 1933-1936, 2006 Franco and Hitler: Spain, Germany, and World War II, 2008 Spain: A Unique History, 2011 The Spanish Civil War, 2012 Franco: A Personal and Political Biography'', 2014

Notas

Categoría:Nados en Texas Categoría:Nados en 1934 Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América