Kepler-90i (tamén coñecido pola súa designación de obxecto de interese Kepler KOI-351 i) é un exoplaneta do tipo super-Terra, cun 1,32 raios terrestres, que orbita ó redor da estrela na secuencia principal tipo-G, Kepler-90, cada 14,45 días; foi descuberto polo telescopio Kepler. Está situado a preto de 2.545 anos luz (780 parsecs), ou case 2,4078 × 1016 km) da Terra, na constelación de Draco. O exoplaneta é o oitavo no sistema multiplanetario da estrela. A partir de decembro de 2017, Kepler-90 é a estrela que alberga máis exoplanetas coñecidos. Atopouse a Kepler-90i co método de tránsito, no que se mide o efecto atenuante que provoca un planeta mentres cruza por diante da súa estrela, e cunha ferramenta informática acabada de utilizar, a aprendizaxe profunda, unha clase de algoritmos de aprendizaxe automática.
Características
Masa, raio e temperatura
Kepler-90i é un exoplaneta do tipo super-Terra cun raio de 1,32 R⊕, indicando que é o suficientemente pequeno como para ser planeta rochoso. Cunha composición similar á Terra, Kepler-90i tería unha masa de aproximadamente 2,5 veces a masa terrestre. Ten unha temperatura de equilibrio de 709 K (436 °C; 817 °F), semellante á temperatura media de Venus.
Estrela nai
O planeta orbita unha estrela (tipo-G) chamada Kepler-90. A estrela ten unha masa de 1,2 masas solares e un raio de 1,2 raios solares. Ten unha temperatura superficial de 6080 K e ten unha idade estimada do arredor de 2 mil millóns de anos, cunha considerable incerteza. En comparación, o Sol ten uns 4.600 millóns de anos e ten unha temperatura superficial de 5.778 K.
A magnitude aparente da estrela, ou o brillante que aparece dende a perspectiva da Terra, é de 14. É moi feble para ser vista a simple vista.
Características orbitais
Kepler-90i orbita a súa estrela nai cada 14,45 días, cun eixe semimaior de 0,1234 UAs.
Debido á súa distancia moi próxima á súa estrela nai, é probable que estea ancorada orbitalmente, o que significa que un lado está mirando permanentemente cara a súa estrela nai, co cal esa cara vive nun día eterno, e pola contra, a cara oposta nunca ve á súa estrela nai e vive baixo unha noite eterna.
Descubrimento
No 2009, o telescopio Kepler da NASA estaba observando estrelas co seu fotómetro, o instrumento que usa para detectar eventos de tránsito nos que un planeta atravesa por diante da súa estrela nai, reducindo un pouquiño o seu brillo durante un período breve de tempo e relativamente regular. No seu último test, o telescopio Kepler xa levaba observadas unhas 50.000 estrelas no seu catálogo de entradas, incluíndo a Kepler-90; as curvas de luz preliminares foron enviadas ó equipo científico do "Kepler" para a súa análise, que elixiu ás que tiñan obvios compañeiros planetarios para o seu seguimento nos observatorios. O descubrimento do exoplaneta foi axudado por unha ferramenta informática acabada de utilizar, a aprendizaxe profunda, unha clase de algoritmos de aprendizaxe automática.
miniatura|center|600px|O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Kepler-80g Kepler-90
Categoría:Kepler-90