A Residencia "Joaquín Blume" de Madrid é unha residencia para deportistas adscrita ao Centro de Alto Rendemento da capital, do Consello Superior de Deportes do Ministerio de Cultura e Deporte de España. Está sítuada na Cidade Universitaria, na rúa Pintor el Greco, nº 1.Residencia "Joaquín Blume" na web do Ministerio de Cultura e Deporte.
Instalacións A residencia conta con 180 cuartos de uso individual completamente equipadas e catro cuartos adaptados para deportistas discapacitados. Ten, así mesmo, cuartos para monitores e amplas estancias para o servizo médico e a administración. Conta con todos os adiantos tecnolóxicos, e unha ampla variedade de servizos comúns. En total a residencia conta cunha superficie construída de máis de 12 000 m2 distribuída en seis plantas máis ático e garaxe.
Esta residencia é unha das instalacións deportivas coas que conta o Ministerio de Cultura e Deporte.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centro de Alto Rendemento (España) Ligazóns externas Centros de Alto Rendimiento. Na web do Ministerio de Cultura e Deporte. Resolución de 10 de enero de 2014, del Consejo Superior de Deportes, por la que se clasifican las instalaciones deportivas y los programas deportivos para el desarrollo del deporte de alto nivel y de competición . BOE del 23 de enero de 2014.
Categoría:Instalacións deportivas Categoría:Deporte en Madrid