Otilia Mó Romero, nada en Ponteareas o 24 de decembro de 1947, é unha química galega. No ano 2019 foi elixida pola IUPAC como como Distinguished Women in Chemistry 2019.

Traxectoria

É licenciada en química pola Universidade de Santiago de Compostela (1970) e doutorada pola Universidade Autónoma de Madrid (1974).Viviu de 1974 a 1976 nos Estados Unidos traballando no Carnegie Mellon University (Pennsylvania), como Postdoctoral Research Associated, con John Pople, Premio Nobel de Química en 1998. No ano 2000 foi nomeada catedrática de Química Física da Universidade Autónoma de Madrid, e na actualidade é catedrática emérita.

O seu interese por conseguir que a perspectiva de xénero impregnara a docencia e investigación levouna a ocupar o posto de secretaria do Instituto Universitario de Estudios de la Mujer da UAM dende 1990 ata 1991, e directora do mesmo dende 1991 a 1995.

Foi directora de Programas y Transferencia de Conocimiento do Ministerio de Ciencia e Innovación, e coordinadora científica do programa Consolider-Ingenio, Membro da Comisión de Acreditación de profesores Titulares de Ciencias da Aneca, así como presidenta da sección de Madrid da Real Sociedad Española de Química e vicepresidenta da European Chemistry Thematic Network Association (ECTNA).

Recoñecementos Premio Extraordinario en 1970, Compostela Premio Extraordinario en 1974, Madrid 'Distinguished Women in Chemistry 2019' pola International Union of Pure and Applied Chemistry (Iupac), pola súa "excelencia" na investigación básica e o seu liderado en Química.

Leva publicados máis de 350 artigos científicos, sendo recoñecida como unha das mulleres que máis artigos leva publicados na revista Journal of Physical Chemistry. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Otilia Mó Romero na páxina web da UAM

Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Profesores da Universidade Autónoma de Madrid Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes