Roberta Lynn Bondar é unha astronauta canadense retirada que participou na misión STS-42. Pasou un total de 8,05 días no espazo.
Traxectoria Bondar naceu o 4 de decembro de 1945 en Sault Ste. Marie (Ontario). Gradouse en zooloxía e agricultura na Universidade de Guelph en 1968 e obtivo un máster en patoloxía experimental pola Universidade de Ontario Occidental en 1971. Ten un doutoramento en neurobioloxía pola Universidade de Toronto obtido en 1974.
Foi parte do primeiro grupo de seis astronautas canadenses seleccionados en decembro de 1983, comezando formalmente o seu adestramento en febreiro de 1984.
Véxase tamén Outros artigos Mulleres no espazo STS-42
Ligazóns externas
Categoría:Astronautas do Canadá Categoría:Nados en 1945 Categoría:Nados en Ontario