Mus é un xénero de roedores miomorfos da familia Muridae que inclúe a maioría dos roedores chamados comunmente ratos, aínda que o nome rato ten un significado máis amplo e utilízase tamén para especies que pertencen a outros xéneros (como Apodemus). En Galicia viven dúas especies deste xénero: o rato doméstico (Mus misculus) e o rato mouro (Mus spretus).

Os fósiles máis antigos atribuídos a este xénero datan do Mioceno superior de Asia e África.

Historia natural A especie máis común e coñecida é o rato doméstico ou caseiro (Mus musculus), o segundo mamífero máis estendido do planeta tralo ser humano. Vive normalmente como comensal nas casas humanas. O rato de laboratorio é unha variedade desta especie, que é un organismo modelo moi utilizado, xa que é fácil de alimentar, ocupa pouco sitio, reprodúcese con rapidez e é un mamífero, polo que moitos dos resultados dos experimentos feitos con el son extrapolables aos humanos. O rato doméstico foi unha das primeiras especies ás que se secuenciou o xenoma e unha das poucas que viaxou ao espazo exterior.. Na natureza as especies deste xénero son presa de varios mamíferos carnívoros, aves de presa diúrnas e nocturnas, lagartos, serpes, e outros animais, e o home utiliza trampas, velenos e animais como os gatos para controlalos. Todo isto fai que a vida dun rato caseiro rara vez exceda os tres meses de duración, aínda que en catividade poden chegar aos dous anos.

Na natureza, a maioría das especies de Mus son herbívoras, consomen todo tipo de froitas ou grans das plantas. Debido a isto, os ratos adáptanse ben ás zonas urbanas e poden comer todo tipo de restos de comida. En catividade, os ratos son alimentados con dieta comercial en pílulas para ratos. Os ratos poden ser pragas para as colleitas.

Sistemática

Existen 38 especies do xénero Mus en catro subxéneros: Subxénero Coelomys Mus crociduroides Mus pahari Subxénero Mus Mus booduga Mus caroli Mus cervicolor. Subespecies: Mus cervicolor cervicolor Mus cervicolor popaeus Mus cookii Mus famulus Mus fragilicauda Mus macedonicus. Subespecies: Mus macedonicus macedonicus Mus macedonicus spretoides Mus musculus. Subespecies: Mus musculus albula Mus musculus bactrianus Mus musculus brevirostris Mus musculus castaneus Mus musculus domesticus Mus musculus gansuensis Mus musculus gentilulus Mus musculus helgolandicus Mus musculus homourus Mus musculus isatissus Mus musculus molossinus Mus musculus musculus Mus musculus wagneri Mus spicilegus Mus spretus Mus terricolor Mus triton Subxénero Nannomys Mus baoulei Mus bufo Mus callewaerti Mus emesi Mus haussa Mus indutus Mus mahomet Mus mattheyi Mus minutoides Mus musculoides Mus neavei Mus setulosus Mus sorella Mus tenellus Subxénero Pyromys Mus platythrix Mus saxicola Mus shortridgei Incertae sedis Mus cypriacus Mus gratus Mus lepidoides Mus nitidulus Mus poschiavinus

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Rato de laboratorio Rato doméstico

Ligazóns externas

Mus en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico. Artigo de Nature sobre o impacto dos ratos nas especies ameazadas. Libro en liña "The Coat Colors of Mice"

Categoría:Múridos