Abu Mūsā Jābir ibn Hayyān (en , en , que tamén recibiu os nisbas de al-Bariqi, al-Azdi, al-Kufi, al-Tusi ou al-Sufi e tamén coñecido coa forma latinizada do seu nome, Geber, nado en Tus (Persia) contra o 721 e finado en Kufa contra o 815, foi un polímata: alquimista e químico, astrónomo e astrólogo, enxeñeiro, xeógrafo, filósofo, médico e farmacéutico. Foi descrito como o pai da química inicial.John Warren (2005). "War and the Cultural Heritage of Iraq: a sadly mismanaged affair", Third World Quarterly, Volume 26, Issue 4 & 5, p. 815-830.

Xa a principios do século X, a identidade e os traballos propios de Jabir eran discutidos en círculos islámicos. O seu nome foi latinizado como "Geber" no mundo occidental e no século XIII un escritor anónimo, que adoita ser citado como Pseudo-Geber, redactou obras sobre alquimia e metalurxia baixo o nome de Geber., « Jabir Ibn Haiyan, known by the name of the alchemist Geber of the Middle Ages, is generally known as the Father of Chemistry »

Traxectoria Jabir naceu contra o ano 721 na provincia de Khurasan, en Persia oriental. Fillo dun farmacéutico da tribo azd, orixinaria do Iemen, que foi executado por participar nunha conspiración contra o califato Omeia, foi enviado a Arabia, onde estudou matemáticas e foi discípulo do imán xiíta Ya`far as-Sadiq. Tras este período, viviu case toda a vida en Kufa (Iraq). A pesar das súas inclinacións ao misticismo (foi alcumado al-Sufa) e á superstición, recoñecía claramente a importancia da experimentación:

Os seus traballos constituíron avances significativos para a alquimia, tanto no plano teórico como no da experimentación. Os seus libros influíron notablemente nos alquimistas europeos. Atribúeselle a paternidade dun gran número de instrumentos de laboratorio.

Teoría A pesar de coñecer a existencia dos elementos químicos, Jabir ibn Hayyan prefería clasificalos como "substancias". Isto débese a que á vez apoiaba a teoría dos catro elementos (auga, lume, terra e aire).

Jabir adoptou inicialmente a existencia de catro naturezas: calor, humidade, frialdade e sequidade. Estas naturezas únense coas substancias e desta unión nacen os compostos de primeiro grao, é dicir, o quente, o húmido, o frío e o seco. Á súa vez, estes compostos producen os elementos segundo o esquema: Quente + Seco + Substancia = Lume Quente + Húmido + Substancia = Aire Frío + Húmido + Substancia = Auga Frío + Seco + Substancia = Terra

Non obstante, complica máis a súa teoría, xa que introduce unha distinción entre as naturezas internas e as naturezas externas do metal. Por exemplo, o chumbo é quente e húmido no seu interior, pero frío e seco no seu exterior.Manual de prácticas de físico-química, Unidad 1, pág. 23, Yabir .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Columbia Encyclopedia Artigo en Islam Online Artigo en Famous Muslims Artigo en Islam Online Artigo en Al Shindagah (inclúe un extracto de The Discovery of secrets)

Categoría:Nados en Irán Categoría:Nados no século VIII Categoría:Finados no século IX Categoría:Alquimia Categoría:Personalidades da química Categoría:Filósofos de Irán Categoría:Farmacéuticos