Tembot Magometovich Kerashev (en ; en ), nado en Koshekhabl o 16 de agosto de 1902 e finado en Maikop o 8 de febreiro de 1988, foi un escritor en lingua adiguea.

Traxectoria Naceu nunha pequena vila circasiana, agora na República Adiguesa, no seo dunha familia labrega. Formouse nunha escola privada tártara e, a continuación, estudou no Instituto Pedagóxico en Ufa (1913—1914), durante a guerra volveu á súa localidade natal e ao rematar foi ao Instituto Politécnico de Krasnodar (1918—1920). Traballou como arquiveiro no comité executivo de Adiguesia. Entre 1924 e 1929 ampliou a súa formación en Moscova, no Instituto Económico-Industrial e logo volveu ao Óblast Autónomo de Adiguesia. Foi editor do xornal rexional, e dirixiu a casa editorial local. Entre 1931 e 1934 presidiu o Instituto de Investigación Adigueo de Historia Local ao tempo que realizaba labores de investigación, foi profesor no instituto de Krasnodar (1934—1936), e a continuación, retornou como investigador ao Instituto de Investigación de Historia Local.

Actividade literaria Tembot durante os seus anos como investigador do Instituto de Historia Local realizou unha gran labor de colleita de materiais do folclore e da literatura oral, en especial cancións e poesía popular, tamén preparou libros de texto, en particular en colaboración con Ahmed Chatkou creou os primeiros libros de texto de literatura adiguea para o ensino secundario. Comezou a publicar en 1925 co relato "Аркъ". Publicou numerosas novelas e coleccións de relatos, a súa primeira narrativa reflicte os cambios na vida e psicoloxía do campesiñado adigueo mentres que despois da guerra centrouse máis na novela social.Е. М. Шабанова. "Керашев Тембот Магометович" Большая Советская Энциклопедия. Autor popular, xa en 1964-1965 editouse en dous volumes unha selección das súas obras e en 1981-1983 publicáronse en Maikop tres volumes de obras seleccionadas en ruso, cunha segunda edición en 1987-1989. En 1997 publicouse un novo volume en ruso de obras seleccionadas, e en 2002 dous volumes en adigueo. Está considerado un dos fundadores da prosa moderna adiguea.Kadir I. Natho (2017) History of Adyghe Literature Xlibris US Obra Şambul, 1929 (novela, ed. completa 1934) Mashchiko ikhshaku, 1934 (relatos) Adige Txidezchxemre Pshisexemre, Maikop, 1939 (lendas e contos circasianos) Adige Weredizchxer, Maikop, 1940 (cancións circasianas) Shapsyge pshash, 1946 (novela) Nasipim yi Ghwegw, Maikop, 1954 (novela) Tipshashekher, 1960 (novela) Ny 1ushym ypkhu, 1962 (novela) Kuko, 1968 (novela) Abdzekhe shek'ozhyr, 1969 (relatos) Lyge, 1972 (relatos) Shyu zaku, 1973 (novela) Rasskazxer, 1975 (relatos)

Notas

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1988 Categoría:Escritores en lingua adiguea Categoría:Nados en Adiguesia Categoría:Escritores de Rusia