María Telo Núñez, nada en Cáceres o 8 de outubro de 1915 e finada en Madrid o 5 de agosto de 2014, foi unha xurista e feminista española, considerada unha das 100 mulleres do século XX pola súa defensa dos dereitos da muller. Doutora honoris causa pola Universidade de Salamanca, Premio Scevola 2011 polo seu compromiso coa xustiza e pola súa loita a prol da democracia e a igualdade da muller e Premio Clara Campoamor 2006. É autora do libro Mi lucha por la igualdad jurídica da mujer.

Traxectoria Filla de notario, en 1932 iniciou os estudos de Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Salamanca. Por falta de dúas materias e debido o estoupido da Guerra Civil española, tivo que esperar ata 1940 para poder obter, pola Universidade de Zaragoza, a licenciatura. As reformas lexislativas da ditadura franquista impedíronlle acceder ao corpo de notarios. Como ela mesma relata no discurso de investidura:

En 1944 opositou ao Corpo Técnico de Administración Civil do Ministerio de Agricultura, a primeira muller en acceder a el. Alí coñeceu a quen sería o seu esposo, Juan Manuel Fernández Albor, con quen tivo unha única filla. Especializouse en Dereito de familia.

Na década de 1950 iniciou as súas accións a prol da mellora da situación xurídica das mulleres. Mantivo correspondencia con Clara Campoamor. Nun artigo publicado en ABC dixo:

Activismo durante a ditadura franquista María Telo pertenceu a varias asociacións e organizacións estatais e internacionais que tiñan entre os seus fins a defensa dos dereitos das mulleres. A finais dos anos 50, María Telo ingresou na Federación Internacional de Mujeres de Carreras Jurídicas (FIMCJ).

En 1969 organizou o Consello anual desta federación en Madrid. O relatorio de María Telo, titulado La mujer en el derecho civil, analizou a situación de inferioridade xurídica das mulleres españolas, cunha gran repercusión. Nese Consello coñecéronse varias avogadas que decidiron crear a Comisión de Estudos dependente da FIMCJ, co obxectivo de "estudar as conclusións acordadas no Consello e reivindicalas ante as autoridades correspondientes". Chegaron a visitar as máximas autoridades en materia xurídica do país: o xefe de Estado e a delegada nacional da Sección Femenina de Falange.En xullo de 1971 creouse a Asociación Española de Mujeres Juristas (AEMJ), baixo a presidencia de María Telo Núñez. Os fins desta asociación son o estudo do dereito (especialmente no que afecte directamente á muller ou á familia) e promover a adecuación de normas legais á época actual e a promoción da muller nas súas respectivas profesións, particularmente das tituladas en Dereito.

En 1976 organizou o I Congreso Internacional de Mujeres Juristas que tivo lugar do 13 ao 16 de decembro en Madrid.

Participación na Comisión Xeral de Codificación A AEMJ solicitou a incorporación de mulleres xuristas na Comisión General de Codificación (CGC), que é, dende a súa creación polo Real Decreto de 19 de agosto de 1843, o máximo órgano consultivo do Ministerio de xustiza. Para isto houbo de presentar varios escritos nos que se fundamentaba a solicitude con argumentos como este:

O 23 de decembro de 1972 foille comunicada a constitución, no seo da Comisión General de Codificación, dunha sección especial para o estudo das incidencias que os cambios sociais puidesen ter producido no dereito de familia e a formulación, no seu caso, das correspondentes propostas. María Telo foi nomeada xunto a tres mulleres máis para formar parte desta Comisión. Os traballos culminaron coa promulgación da Lei 14/1975, de 2 de maio, que lle devolveu á muller a súa capacidade plena de obrar ao eliminar a obediencia ao marido, a licenza marital e todas as discriminacións por razón de sexo agás dúas: a patria potestade conxunta e a administración conxunta dos bens gananciais.

En 1978, por razóns ideolóxicas, abandonou a asociación que ela creara.

Activismo dende a democracia española A súa obra xurídica e política foron decisivas para a reforma do Código Civil. A patria potestade conxunta e a administración conxunta dos bens gananciais foron obxecto da lei de 13 de maio de 1981 sobre «Filiación, patria potestade e réxime económico matrimonial», en cuxo estudo María Telo participou activamente na CGC. Igualmente tivo unha destacada participación nos estudos previos á aprobación da lei de 7 de xullo de 1981 sobre «Clases de matrimonio, separación, nulidade e divorcio». Seguiu pertencendo á CGC como Vogal Permanente durante anos. Dende 1982, como secretaria de Lingua Española da Federación Internacional de Mulleres Juristas, promoveu a creación de sete asociacións de Mulleres de Carreiras Xurídicas, incardinadas en Porto Rico, o Perú, a Arxentina,Colombia, Bolivia, o Brasil e Chile.

O 23 de novembro de 2005, impartiu a conferencia na Plataforma por los Permisos Iguales e Intransferibles de Nacimiento y Adopción onde dixo:

O 10 de xuño de 2008, no acto de investidura como doutora honoris causa, afirmou que a desigualdade subsiste, situando a raíz deste problema en que os roles que o home a a muller desempeñan dentro da familia son desiguais "e as súas consecuencias proxéctanse no mercado laboral, na ocupación de postos de poder, de decisión e de responsabilidade, etc.". Aludiu á dobre xornada, ós traballos a tempo parcial ou de horario flexible de distinta natureza que, asegurou, "arruínan" a formación das mulleres. A xurista, que acadara modificacións importantes do Dereito de familia, terminou o seu discurso enunciando o que segundo ela é o reto do século XXI, non denantes apelar a gobernantes, empresarios e sindicatos, de quen dixo que

Premios e recoñecementos

Premio Clara Campoamor, primeira edición, Concello de Madrid, en 2006. Premio Scevola, en 2011 á Ética e calidade dos profesionais do dereito. Doutora Honoris Causa pola Universidade de Salamanca en novembro de 2007, presentada e defendida pola profesora Esther Martínez Quinteiro en xuño de 2008. Medalla ao mérito no traballo, do Consello de Ministros, en 2007. Lazo de Dama ao Mérito Agrícola do Ministerio de Agricultura en 1972, pola súa obra e publicacións sobre Dereito agrario. Cruz Distinguida de Primeira Clase de San Raimundo de Peñafort, do Ministerio de xustiza, en 1976. Medalla ao mérito da Doutora Pérez Perozo, fundadora da Federación Venezolana de Avogadas (FEVA), en Caracas, 1978. Premio Rosa Manzano, da Organización “Mujer y Socialismo” do PSOE, en 1992. Premio Mujer Progresista 1995 da Federación de Mujeres Progresistas, en Madrid, en 1996. Condecoración da Federación Latinoamericana de Abogadas, outorgada en Caracas, en 1996, "como testemuño e recoñecemento á súa solidariedade para as avogadas e mulleres de carreiras xurídicas, nas loitas por obter verdadeiros espazo de igualdade, xustiza e paz para a humanidade e polo seu esforzo ao contribuír á evolución das institucións do dereito". Premio muller europea, da Unión de mulleres por Europa, outorgado en Madrid o 21 de outubro de 1999 "polo seu valor histórico para transformar nos primeiros anos da Transición Política española o Dereito de Familia en España e a súa labor como fundadora e presidenta da AEMJ, para, tras abandonar esta, seguir traballando polos dereitos da muller". Placa da Federación Internacional das mulleres de carreiras xurídicas, outorgada en 2002.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Cerimonia Doutoramento Honoris Causa a María Telo, na Universidad de Salamanca (2007) Objetivo igualdad. María Teloː impulsora de las normas que reconocieron la igualdad de las mujeres

Categoría:Nados en 1915 Categoría:Feministas de Estremadura Categoría:Nados en Cáceres Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Salamanca Categoría:Finados en 2014