dereita|miniatura|Dracma ateniense de prata cuñada ca. 454-404 a. de C., cun peso de 4,3 gramos. Un talento ático equivalía a 6.000 destas moedas e ao seu peso en prata. O talento ático, tamén coñecido como talento ateniense ou talento grego ( do grego: τάλαντον, talanton, "escala", "equilibrio", "suma"), era unha antiga unidade de masa equivalente a 26 kg no sistema decimal, así como unha unidade do valor ou moeda de conta igual a esa cantidade de prata pura."Talento ". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.comAlfaro Asins, C. et al. (2009). "Talento".Girod (1827). "Talentum". Páxina 54.
Valor na época miniatura|Decadracma de prata cuñado en Siracusa en 400 a. de C. Un talento ático correspondía a 600 destas moedas. Orixinariamente entendíase que o talento representaba a masa da auga necesaria para encher unha ánfora dun pé cúbico. A súa equivalencia en peso sitúase en 57 libras (26 quilogramos), aínda que Friedrich Hultsch estimou un peso de 26,196 kg e Dewald, en 1998, ofreceu a hipótese de 25,992 kg.Hultsch, Friedrich. Griechische und Römische Metrologie. Weidmannsche Buchhandlung, 1882. 2ª ed. Páxina 135.Waterfield, R. (trad). e Dewald, C. (introd.). Herodotus. The Histories. A new translation bay Waterfield. Oxford University Press. 2008. Appendix II. ISBN 978-0199535668
O talento ático dividíase en 60 minas ou 6.000 dracmas, ou 36.000 óbolos.Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
Como mostra do seu valor na época, durante a Guerra do Peloponeso pagábase un talento mensual á tripulación dun trireme de 200 remeiros, ou, ou o que é o mesmo, un dracma (ou 4,3 gr de prata pura) por remeiro e día.Torr, Cecil. "Triremes". En The Classical Review. Vol. 20. Nº 2. Marzo de 1906. Páxina 137. Consonte listaxes de salarios de 377 a. de C., un talento era o soldo que dun traballador cualificado recibía por nove anos de traballo (algo máis de dous dracmas e medio diarios).Engen, Darel. "The Economy of Ancient Greece". En EH.Net. 2004. Economic History Associacion.
O talento no sistema monetario da Antiga Grecia As equivalencias do talento ático en minas e outras moedas daquela época son as seguintes:Renfrew; Wagstaff. 1982. An Island Polity. The archeology of exploitation in Melos. Cambridge University Press. 1982. Páxina 49. ISBN 0521237858. "One Attic talent was the equivalent of 60 minae or 6,000 drachmae..."
1 talento = 60 minas 1 mina = 100 dracmas 1 estatero = 2 dracmas 1 dracma = 6 óbolos 1 óbolo = 8 calcos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Talento (unidade) Moeda da Antiga Grecia
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Girod. Dictionaire epécial et classique des monnaies, poids, messures, divisions du temps, chez les grecs, les romains, les juifs et les égyptiens. París-Lion, 1827. Páxina 45.
Ligazóns externas
"Talent". En Encyclopaedia Americana. 1920. "Talent". En The New Student's Reference Work. 1914.
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso