O Distrito de Euskirchen (en alemán Kreis Euskirchen) é un Kreis (distrito) alemán na parte meridional do Land de Renania do Norte-Westfalia.

A capital do distrito é a cidade de Euskirchen.

Xeografía Limita ao oeste, nunha pequena extensión, con Bélxica, e co distrito de Aquisgrán, ao norte co distrito de Düren e o Rhein-Erft-Kreis, ao leste con Rhein-Sieg-Kreis e co distrito do Land de Renania-Palatinado denominado Ahrweiler, así como co distrito de Vulkaneifel. A capital do distrito é a cidade de Euskirchen.

Ocupa unha extensión de 1 249 km².

Poboación No ano 2005 contaba cunha poboación de 193 027 habitantes, o que daba unha densidade de poboación de 155 hab./km².

Véxase tamén

Bibliografía Peter Kremer (2003): Blutsauger und kopflose Reiter, Werwölfe und Wiedergänger an Inde, Erft und Rur. Düren (illustrierte u. kommentierte Sammlung von Volkssagen aus den Kreisen Euskirchen und Düren und dem Erftkreis). ISBN 3-9299-2801-9.

Ligazóns externas

Web do distrito de Euskirchen.

Categoría:Distritos de Renania do Norte-Westfalia