Marcu Biancarelli, nado en Portivechju en 1968, é un escritor en lingua corsa que traballa como profesor de lingua corsa nun instituto.

Traxectoria Foi un dos fundadores e director da revista A Pian' d'Avretu, onde se deron a coñecer novos valores da literatura corsa. En 1999 publicou a súa primeira colección de poesía, Viaghju in Vivaldia. Autor tamén de narrativa, teatro e letras de cancións. Moitas das súas publicacións traducíronse ao francés. Receptor por dúas veces, 2001 e mais 2002, do Premiu Finzione di Ouessant di a Litteratura Isulana. En 2007 apareceu a súa terceira selección de relatos, Stremu Miridianu, que se fixo co premio "Scelta di i littori di Corsica". Dende 2014 decidiu escribir preferentemente en francés para publicar de xeito profesional, malia non renunciar a escribir de novo en corso "Marcu Biancarelli : "A scrittura in corsu ùn hà ancu capitulatu" A Piazzetta, 7 de xaneiro de 2018. Como letrista escribiu os textos das cancións "Corsican beauty" (I Cantelli 2005) e "Ultimu viaghju di Stepan Trofimovich" (Paulu Miniconi 2007).

Obra Viaghju in Vivaldia - Poesía, Le Signet, 1999 Prighjuneri - Relatos, Albiana, 2000 (ed. bilingüe, traducido ao francés por Ghjilormu Ferrari) San Ghjuvanni in Patmos - Nuvelli, Albiana, 2001 (ed. bilingüe, traducido ao francés por Ghjilormu Ferrari, Didier Rey mais o autor) Parichji dimonia - Poesía, Albiana, 2002 51 Pegasi astru virtuali - Novela, Albiana, 2003  Stremu miridianu - Relatos, Albiana, 2007  Murtoriu - Novela, Albiana, 2009 Vae Victis - Ensaio, Materia Scritta, 2010 Cusmugrafia - Crónica literaria, Colonna Edizione, 2011 Cuntruversa di Valdu Nieddu - Teatro, Materia Scritta, 2012 Orphelins de Dieu, Arles, Actes Sud, 2014 Massacre des Innocents, Arles, Actes Sud, 2018 Notas

Categoría:Escritores en lingua corsa Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados no departamento de Córsega do Sur Categoría:Escritores de Francia Categoría:Escritores en lingua francesa