Os ditíscidos (Dytiscidae), do grego δυτικός, dytikos, 'que pode mergullarse', son unha familia de escaravellos acuáticos mergulladores predadores. Aparecen en practicamente calquera hábitat de auga doce do mundo, pero unhas poucas especies viven entre as follas caídas. Os adultos adoitan ter unha lonxitude entre 1 e 2,5 cm, aínda que hai moita variación entre especies. A especie europea Dytiscus latissimus e a brasileira Megadytes ducalis son as de maior tamaño, e chegan aos 4,5 cm e 4,75 cm, respectivamente. Os menores son probablemente os da especie australiana Limbodessus atypicali, de augas subterráneas, que só mide uns 0,9 mm. A maioría son marróns escuros, anegrados ou de cor oliva escura con zonas douradas nalgunhas subfamilias. Teñen mandíbulas curtas pero afiadas. Inmediatamente despois de morderen, segregan encimas dixestivos. A familia comprende algo máis de 4 000 especies descritas en numerosos xéneros.

Larvas e desenvolvemento

miniatura|esquerda|Larva de escaravello acuático predadora Cando aínda están en forma larval, o tamaño destes escaravellos varía de 1 a 5 cm. Os corpos larvais teñen forma de lúa crecente, cunha longa cola e están cubertos de pelos finos. Ao longo do tórax sobresaen seis patas, tamén peludas. A cabeza é plana e cadrada, cun par de pinzas longas e grandes. Cando cazan, cólganse de plantas ou cachos de madeira do fondo, e permanecen totalmente inmóbiles ata que unha presa pasa polas proximidades, e entón bótanse a ela, atrápana e coas patas anteriores e mórdena coas pinzas. As súas presas adoitan ser cágados e larvas dos dípteros Chaoborus, entre outras pequenas criaturas acuáticas.

A medida que a larva madura, repta desde a auga coas súas robustas patas, e entérrase no barro para realizar a pupación. Despois dunha semana ou, nalgunhas especies algo máis, emerxe do barro como adulto.

Comestibilidade

Os ditíscidos adultos, en particular os do xénero Cybister, son comestibles. Atopáronse restos de C. explanatus en coprólitos humanos prehistóricos nunha cova de Nevada, probablemente recollidos no lago Humboldt Sink. En México, C. explanatus cómese asado e salgado acompañando os tacos. No Xapón, C. japonicus foi utilizado como alimento en certas rexións, como a prefectura de Nagano. Na provincia chinesa de Guangdong, esta última especie, xunto con C. bengalensis, C. guerini, C. limbatus, C. sugillatus, C. tripunctatus e probablemente tamén o máis coñecido Dytiscus marginalis, críanse para o consumo humano, aínda que como son complicados de criar debido aos seus hábitos carnívoros e teñen un gusto bastante insípido (pero parece que non malo) e pouca carne, esta actividade está diminuíndo. Tamén se comen Dytiscidae en Taiwán, Tailandia e Nova Guinea.De Foliart (2002), Jäch (2003), CSIRO (2004)

Como son animais grandes e lentos en terra e os adultos non son especialmente feroces, tamén os comen con gusto os paxaros de medio tamaño, mamíferos e outros predadores máis grandes. As larvas normalmente corren menos perigo debido á súa camuflaxe e capacidade de escapar emitindo un chorro de auga a presión; poden ser bastante difíciles de capturar e poden converterse nos superpredadores de pequenas pozas ou lagoas.

Importancia cultural e etnobioloxía Os escaravellos acuáticos desempeñan un papel importante na historia da creación dos cherokee. Segundo a narración, despois de non encontrar ningún sitio para descansar no "caos líquido" o escaravello trouxo lama branda do fondo. Esta lama estendeuse despois formando todas as terras do mundo.

Os ditíscidos adultos, xunto cos xirínidos, recóllenos as rapazas en zonas de África oriental, onde se cre que inducir a que os escaravellos mordan as mamilas estimula o crecemento dos peitos.

Sistemática A seguinte secuencia taxonómica indica as subfamilias e os seus xéneros asociados.Dytiscidae Species List at Joel Hallan's Biology Catalog. Texas A&M University. Retrieved on 7 May 2012.

Subfamilia Agabinae Thomson, 1867 Agabus Leach, 1817 Agametrus Sharp, 1882 Andonectes Guéorguiev, 1971 Hydronebrius Jakovlev, 1897 Hydrotrupes Sharp, 1882 Ilybiosoma Crotch, 1873 Ilybius Erichson, 1832 Leuronectes Sharp, 1882 Platambus Thomson, 1859 Platynectes Régimbart, 1879 Subfamilia Colymbetinae Erichson, 1837 Anisomeria Brinck, 1943 Senilites Brinck, 1948 Carabdytes Balke, Hendrich & Wewalka, 1992 Bunites Spangler, 1972 Colymbetes Clairville, 1806 Hoperius Fall, 1927 Meladema Laporte, 1835 Melanodytes Seidlitz, 1887 Neoscutopterus J.Balfour-Browne, 1943 Rhantus Dejean, 1833 Rugosus García, 2001 Subfamilia Copelatinae Branden, 1885 Agaporomorphus Zimmermann, 1921 Aglymbus Sharp, 1882 Capelatus Turner & Bilton, 2015 Copelatus Erichson, 1832 Lacconectus Motschulsky, 1855 Liopterus Dejean, 1833 Papuadytes Balke, 1998 Subfamilia Coptotominae Branden, 1885 Coptotomus Say, 1830 Subfamilia Dytiscinae Leach, 1815 Acilius Leach, 1817 Aethionectes Sharp, 1882 Austrodytes Watts, 1978 Cybister Curtis, 1827 Dytiscus Linnaeus, 1758 Eretes Laporte, 1833 Graphoderus Dejean, 1833 Hydaticus Leach, 1817 Hyderodes Hope, 1838 Megadytes Sharp, 1882 Miodytiscus Wickham, 1911 Notaticus Zimmermann, 1928 Onychohydrus Schaum & White, 1847 Prodaticus Sharp, 1882 Regimbartina Chatanay, 1911 Rhantaticus Sharp, 1882 Sandracottus Sharp, 1882 Spencerhydrus Sharp, 1882 Sternhydrus Brinck, 1945 Thermonectus Dejean, 1833 Tikoloshanes Omer-Cooper, 1956 Subfamilia Hydrodytinae K.B.Miller, 2001 Hydrodytes K.B.Miller, 2001 Microhydrodytes K.B.Miller, 2002 Subfamilia Hydroporinae Aubé, 1836 Africodytes Biström, 1988 Agnoshydrus Biström, Nilsson & Wewalka, 1997 Allodessus Guignot, 1953 Allopachria Zimmermann, 1924 Amarodytes Régimbart, 1900 Andex Sharp, 1882 Anginopachria Wewalka, Balke & Hendrich, 2001 Anodocheilus Babington, 1841 Antiporus Sharp, 1882 Barretthydrus Lea, 1927 Bidessodes Régimbart, 1900 Bidessonotus Régimbart, 1895 Bidessus Sharp, 1882 Borneodessus Balke, Hendrich, Mazzoldi & Biström, 2002 Brachyvatus Zimmermann, 1919 Calicovatellus K.B.Miller & Lubkin, 2001 Canthyporus Zimmermann, 1919 Carabhydrus Watts, 1978 Celina Aubé, 1837 Chostonectes Sharp, 1882 Clypeodytes Régimbart, 1894 Coelhydrus Sharp, 1882 Comaldessus Spangler & Barr, 1995 Crinodessus K.B.Miller, 1997 Darwinhydrus Sharp, 1882 Deronectes Sharp, 1882 Derovatellus Sharp, 1882 Desmopachria Babington, 1841 Dimitshydrus Uéno, 1996 Geodessus Brancucci, 1979 Gibbidessus Watts, 1978 Glareadessus Wewalka & Biström, 1998 Graptodytes Seidlitz, 1887 Haideoporus Young & Longley, 1976 Hemibidessus Zimmermann, 1921 Heroceras Guignot, 1950 Herophydrus Sharp, 1882 Heterhydrus Fairmaire, 1869 Heterosternuta Strand, 1935 Hovahydrus Biström, 1982 Huxelhydrus Sharp, 1882 Hydrocolus Roughley & Larson, 2000 Hydrodessus J.Balfour-Browne, 1953 Hydroglyphus Motschulsky, 1853 Hydropeplus Sharp, 1882 Hydroporus Clairville, 1806 Hydrovatus Motschulsky, 1853 Hygrotus Stephens, 1828 Hyphoporus Sharp, 1882 Hyphovatus Wewalka & Biström, 1994 Hyphydrus Illiger, 1802 Hypodessus Guignot, 1939 Iberoporus Castro & Delgado, 2001 Kintingka Watts & Humphreys, 1999 Kuschelydrus Ordish, 1976 Laccornellus Roughley & Wolfe, 1987 Laccornis Gozis, 1914 Leiodytes Guignot, 1936 Limbodessus Guignot, 1939 Liodessus Guignot, 1939 Lioporeus Guignot, 1950 Megaporus Brinck, 1943 Metaporus Guignot, 1945 Methles Sharp, 1882 Microdessus Young, 1967 Microdytes J.Balfour-Browne, 1946 Morimotoa Uéno, 1957 Nebrioporus Régimbart, 1906 Necterosoma W.J. Macleay, 1871 Neobidessus Young, 1967 Neoclypeodytes Young, 1967 Neoporus Guignot, 1931 Nirripirti Watts & Humphreys, 2001 Oreodytes Seidlitz, 1887 Pachydrus Sharp, 1882 Pachynectes Régimbart, 1903 Papuadessus Balke, 2001 Paroster Sharp, 1882 Peschetius Guignot, 1942 Phreatodessus Ordish, 1976 Platydytes Biström, 1988 Porhydrus Guignot, 1945 Primospes Sharp, 1882 Procoelambus Théobald, 1937 Pseuduvarus Biström, 1988 Pteroporus Guignot, 1933 Queda Sharp, 1882 Rhithrodytes Bameul, 1989 Sanfilippodytes Franciscolo, 1979 Scarodytes Gozis, 1914 Schistomerus Palmer, 1957 Sekaliporus Watts, 1997 Sharphydrus Omer-Cooper, 1958 Siamoporus Spangler, 1996 Siettitia Abeille de Perrin, 1904 Sinodytes Spangler, 1996 Sternopriscus Sharp, 1882 Stictonectes Brinck, 1943 Stictotarsus Zimmermann, 1919 Stygoporus Larson & LaBonte, 1994 Suphrodytes Gozis, 1914 Tepuidessus Spangler, 1981 Terradessus Watts, 1982 Tiporus Watts, 1985 Trichonectes Guignot, 1941 Trogloguignotus Sanfilippo, 1958 Tyndallhydrus Sharp, 1882 Typhlodessus Brancucci, 1985 Uvarus Guignot, 1939 Vatellus Aubé, 1837 Yola Gozis, 1886 Yolina Guignot, 1936 Subfamilia Laccophilinae Gistel, 1856 Agabetes Crotch, 1873 Africophilus Guignot, 1948 Australphilus Watts, 1978 Japanolaccophilus Satô, 1972 Laccodytes Régimbart, 1895 Laccophilus Leach, 1815 Laccoporus J.Balfour-Browne, 1939 Laccosternus Brancucci, 1983 Napodytes Steiner, 1981 Neptosternus Sharp, 1882 Philaccolilus Guignot, 1937 Philaccolus Guignot, 1937 Philodytes J.Balfour-Browne, 1939 Subfamilia Lancetinae Branden, 1885 Lancetes Sharp, 1882 Subfamilia Matinae Branden, 1885 Allomatus Mouchamps, 1964 Batrachomatus Clark, 1863 Matus Aubé, 1836 Subfamilia Incertae sedis Cretodytes Ponomarenko, 1977 Palaeodytes Ponomarenko, 1987

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Commonwealth Scientific and Industrial Research Organisation (CSIRO) (2004): Water for a Healthy Country - Family Dytiscidae. Version of 2004-JUL-02. Consultado o 4 de agosto de 2008. De Foliart, Gene R. (2002): Chapter 26 - Eastern Asia: China, Japan, and other countries. In: The Human Use of Insects as a Food Resource: A Bibliographic Account in Progress. Jäch, Manfred A. (2003): Fried water beetles Cantonese style. American Entomologist 49(1): 34-37. PDF fulltext Larson, D.J., Alarie, Y., and Roughley, R.E. (2000): Predaceous Diving Beetles (Coleoptera: Dytiscidae) of the Nearctic Region, with emphasis on the fauna of Canada and Alaska. NRC Research Press, Ottawa. .

Categoría:Adephaga