O Gran Premio do Brasil de 1998 foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 29 de marzo de 1998 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil. Foi a segunda carreira da tempada da Fórmula Un. A carreira de 72 voltas gañouna o piloto Mika Häkkinen, pilotando un McLaren - Mercedes. Häkkinen conseguiu un Grand Chelem, logrou a pole position, fixo a volta rápida e liderou todas as voltas. O seu compañeiro de equipo David Coulthard rematou en segundo lugar, con Michael Schumacher terceiro nun Ferrari.

Informe

Antecedentes Antes da carreira, había un escándalo en torno a McLaren cando Ferrari protestou sobre o seu sistema de freada, o que permitía aos pilotos aplicar os freos nas rodas traseiras de forma independente e así axudar a xirar e traccionar mellor. Isto significaba que o sistema era un dispositivo de dirección de catro rodas, que estaba prohibido pola FIA. McLaren anunciou que non recorrerían a decisión. Aos pilotos, incluíndo Jacques Villeneuve e Damon Hill, non lles gustaba como funcionaba o dispositivo. Como resultado da protesta de Ferrari, o equipo acordou non usar o sistema en ningún momento da fin de semana. No entanto, o xefe do equipo Ron Dennis estaba furioso porque o sistema fora aprobado en catro ocasións polo delegado técnico da FIA, Charlie Whiting, e foi declarado ilegal polos tres comisarios do Gran Premio do Brasil.

Carreira Apenas comezou a carreira, Mika Häkkinen tomou o liderado e comezou unha longa e solitaria carreira, liderou cada volta do Grand Prix. Na parte traseira da grella, o equipo Arrows tivo o peor fin de semana desde que Tom Walkinsha tomara o control con Mika Salo cualificando 20º e Pedro Diniz clasificando último. Na primeira volta, Häkkinen lideraba sobre David Coulthard por máis dun segundo, e tres segundos por diante de Heinz-Harald Frentzen no terceiro lugar, Ralf Schumacher trompeou na primeira volta na cuarta curva, o que significou que non completara nin unha única volta, ata ese momento na tempada. Eddie Irvine estaba por diante logo do lento inicio de Michael Schumacher. Na volta 18 Coulthard estaba 5 segundos por detrás de Häkkinen. Frentzen e Schumacher, tras superar ao seu compañeiro de equipo, estaban 23 segundos por detrás do dúo McLaren. Schumacher pasou a Frentzen na primeira parada nos boxes, pero tivo que loitar para non ser dobrado polos dous McLarens. Os McLarens foron totalmente dominantes, por segunda vez na tempada. Ferrari e Benetton parecían incapaces de atopar unha resposta, mentres que o campión do Mundo de Construtores Williams tamén loitaba.

Clasificación

Cualificación Pos Nº Pilto Construtor Tempo volta Diferenza 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:17.092 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:17.757 +0.665 3 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:18.109 +1.017 4 3 Michael Schumacher Ferrari 1:18.250 +1.158 5 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:18.261 +1.169 6 4 Eddie Irvine Ferrari 1:18.449 +1.357 7 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:18.652 +1.560 8 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 1:18.735 +1.643 9 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 1:18.753 +1.661 10 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:18.761 +1.669 11 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:18.988 +1.896 12 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:19.069 +1.977 13 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:19.344 +2.252 14 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:19.375 +2.283 15 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:19.449 +2.357 16 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 1:19.644 +2.552 17 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:20.203 +3.111 18 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:20.390 +3.298 19 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:20.459 +3.367 20 17 Mika Salo Arrows 1:20.481 +3.389 21 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:20.748 +3.656 22 16 Pedro Diniz Arrows 1:20.847 +3.755

Race Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 72 1:37:11.747 1 10 2 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 72 + 1.102 2 6 3 3 Michael Schumacher Ferrari 72 + 1:00.550 4 4 4 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 72 + 1:07.453 5 3 5 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 71 + 1 Lap 3 2 6 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 71 + 1 volta 7 1 7 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 71 + 1 volta 10 8 4 Eddie Irvine Ferrari 71 + 1 volta 6 9 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 71 + 1 volta 15 10 19 Jan Magnussen Stewart-Ford 70 + 2 voltas 16 11 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 67 Problemas físicos 14 DSC 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 70 Baixo peso 11 Ret 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 63 Motor 9 Ret 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 56 Caixa de cambios 13 Ret 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 52 Caixa de cambios 21 Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 44 Acelerador 19 Ret 16 Pedro Diniz Arrows 26 Caixa de cambios 22 Ret 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 19 Motor 17 Ret 17 Mika Salo Arrows 18 Motor 20 Ret 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 17 Bomba combustible 12 Ret 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 3 Trompo 18 Ret 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 0 Trompo 8

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 20 2 David Coulthard 12 3 Heinz-Harald Frentzen 6 4 Michael Schumacher 4 5 Eddie Irvine 3

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 32 2 Williams-Mecachrome 8 3 Ferrari 7 4 Benetton-Playlife 4 5 Sauber-Petronas 1

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1998 Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1