O Club de Futbol Peralada é un club de fútbol catalán do concello de Peralada, na provincia de Xirona. Foi fundado en 1915 e actualmente xoga na Segunda División B Española. De 2017 a 2019 foi o filial do Girona Futbol Club.
Historia Foi fundado en 1915 por un grupo de xoves da vila e comezou a disputar partidos amigables contra equipos de localidades veciñas. En 1936 creouse oficialmente como Club Deportiu Peralada e xogaba os seus partidos no campo de Miquel Pujol. Durante a guerra civil española parou a actividade do club ata 1950, cando se inscribiu na Federación. Un ano máis tarde inaugurouse o Campo de Cal Músic.
En 1981 o concello comprou uns terreos na estrada de Garriguella para construír unha nova zona deportiva municipal. Ata a actualidade, é o campo onde o CF Peralada xoga os seus partidos como local. Nese mesmo ano o equipo conseguiu o ascenso a Segunda Rexional.
Na tempada 1988-89, a familia Suqué-Mateu, propietaria do castelo de Peralada, comezou a patrocinar o club. Esta nova situación permitiu acabar as obras do novo estadio, inaugurado en 1992. En 1995, o club conseguiu, por primeira vez, o ascenso a Primeira Rexional e no ano seguinte subiu a Rexional Preferente. Na tempada 1997-98 o equipo ascendeu a Primera Catalana.
En 2002 conseguiu o ascenso a Terceira División, categoría na que se mantivo durante cinco tempadas consecutivas. En 2004, despois de eliminar a Sabadell e Terrassa, chegou ás semifinais da Copa Catalunya, nas que foi eliminado polo FC Barcelona.
No foi ata a tempada 2013-14 cando conseguiu volver a Terceira División. No verán de 2016 firmou un acordo de fililación co Girona FC para cinco tempadas.
Na tempada 2016-17 acabou en segunda posición e xogou o play-off de ascenso a Segunda B. Tras superar as dúas primeiras fases, na terceira e definitiva foi eliminado polo Rápido de Bouzas, que ascendeu de categoría. Non obstante, o equipo ascendeu a Segunda B despois de comprar a praza do CF Gavà, que foi descendido administrativamente, por 133.000 euros.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 2 Tempadas en 3ª: 8
Historial por tempadas TempadaCategoríaPosto1928-1970Rexional—1970/712ª Rexional12º1971/722ª Rexional12º1972/732ª Rexional7º1973/742ª Rexional16º1974/752ª Rexional14º1975/762ª Rexional14º1976/772ª Rexional15º1977/782ª Rexional15º1978/792ª Rexional16º1979/802ª Rexional18º1980/83ª Rexional—1981/823ª Rexional—TempadaCategoríaPosto1982/832ª Rexional11º1983/842ª Rexional6º1984/851ª Rexional10º1985/861ª Rexional18º1986/872ª Rexional15º1987/882ª Rexional10º1988/892ª Rexional15º1989/902ª Rexional12º1990/912ª Rexional7º1991/922ª Rexional16º1992/932ª Rexional11º1993/942ª Rexional3º1994/952ª Rexional1º TempadaCategoríaPosto1995/961ª Rexional10º1996/971ª Rexional1º1997/981ª Catalana13º1998/991ª Catalana11º1999/001ª Catalana8º2000/011ª Catalana8º2001/021ª Catalana3º2002/033ª12º2003/043ª17º2004/053ª5º2005/063ª8º2006/073ª19ºTempadaCategoríaPosto2007/081ª Catalana13º2008/091ª Catalana13º2009/101ª Catalana15º2010/111ª Catalana5º2011/121ª Catalana13º2012/131ª Catalana.7º2013/141ª Catalana1º2014/153ª12º2015/163ª14º2016/173ª2º2017/182ªB9º2018/192ªB
Palmarés Subcampión da Terceira División (1): 2016-17
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos de fútbol de Cataluña Peralada