Kiruna (saami setentrional: Giron, finés: Kiiruna) é a cidade máis setentronal de Suecia. Está situada no condado de Norrbotten, na provincia de Laponia, e é a capital do municipio de Kiruna. No ano 2017 a cidade tiña 16 936 habitantes.

O centro espacial Esrange creouse en Kiruna nos anos 60. Na cidade tamén se atopa o Instituto Sueco de Física Espacial (Institutet för rymdfysik) e o Departamento de Ciencia Espacial da Universidade Tecnolóxica de Luleå.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial de Kiruna

Categoría:Cidades de Suecia Categoría:Condado de Norrbotten