Master and Commander: The Far Side of the World é un filme estadounidense de 2003 coescrito, producido e dirixido por Peter Weir, que está ambientado nas guerras napoleónicas. O argumento do filme e as personaxes están baseados nas novelas do autor Patrick O'Brian. Está protagonizado por Russell Crowe como Jack Aubrey, capitán da Mariña Real, e Paul Bettany como o Dr. Stephen Maturin, o cirurxián da nave. O filme, cun orzamento de $150 millóns, foi coproducido por 20th Century Fox, Miramax Films, Universal Pictures e Samuel Goldwyn Films, e foi estreado o 14 de novembro de 2003. Tivo unha recadación de $212 millóns en todo o mundo.
O filme foi ben recibido pola crítica. Na 76ª edición dos Óscar, foi nomeado en 10 categorías, incluíndo a de mellor filme. Gañou en dúas categorías, mellor fotografía e mellor edición de son e perdeu en tódalas outras categorías fronte a The Lord of the Rings: The Return of the King.
Personaxes Russell Crowe como capitán Jack Aubrey Paul Bettany como Stephen Maturin James D'Arcy como Tom Pullings Edward Woodall como William Mowett Chris Larkin como capitán Howard Max Pirkis como Blakeney Jack Randall como Boyle Max Benitz como Calamy Lee Ingleby como Hollom Richard Pates como Williamson Robert Pugh como señor Allen Richard McCabe como señor Higgins Ian Mercer como señor Hollar Tony Dolan como señor Lamb, David Threlfall como Preserved Killick Billy Boyd como Barrett Bonden Bryan Dick como Joseph Nagle Joseph Morgan como William Warley George Innes como Joe Plaice
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dirixidos por Peter Weir Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en México Categoría:Filmes rodados en Ecuador Categoría:Filmes ambientados en 1805 Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes de Universal Pictures