O Cerco de Acre, tamén coñecido como a Caída de Acre, tivo lugar en 1291 e resultou na perda da cidade de Acre de mans dos cristiáns. Considérase unha das batallas máis importantes do período, e frecuentemente é mencionada polos historiadores como o evento que marcou o fin das Cruzadas. Cando Acre caeu, os cruzados perderon a súa última gran fortaleza no Reino Cristián de Xerusalén. Con todo, aínda mantiveron baixo o seu control unha fortaleza, ao norte, na cidade de Tartus (Siria), e realizaron varias incursións costeiras así como un intento de reconquista desde a pequena illa de Arwad, que posteriormente perderon tamén en 1302 no Cerco de Arwad. Para entón, os cruzados xa non posuían terras, cidades ou fortalezas en Terra Santa.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Novena cruzada Reino de Xerusalén

Categoría:Batallas das Cruzadas Categoría:Batallas do século XIII Categoría:Historia de Israel Categoría:Cercos