Agnès Sorel, nada en 14221911 Encyclopædia Britannica/Sorel, Agnes. 1911. e finada o 9 de febreiro de 1450, coñecida polo alcume Dáme de beauté, foi a amante favorita do rei Carlos VII de Francia, con quen tivo tres fillas. É considerada a primeira amante real recoñecida de maneira oficial.
Foi o suxeito de numerosas obras de arte contemporáneas, incluíndo a soada obra de Jean Fouquet A virxe co neno.
Traxectoria Filla do soldado Jean Soreau e de Catherine de Maignelais, Sorel tiña vinte anos de idade cando foi presentada por primeira vez ó rei Carlos. Nese momento, ocupaba unha posición na residencia de Renato I de Nápoles, como dama de compaña da súa consorte Sabela de Lorena. Máis tarde, comezou a servir a María de Anjou, a esposa de Carlos VII, de quen se convertería en amante pouco tempo despois. O rei deulle o Castelo de Loches (onde Xoana de Arco o convencera de coroarse rei de Francia) para que fose a súa residencia privada.
Pouco tempo despois, requiriuse a súa presenza en Chinon, onde ó parecer a súa compañía sacara ó rei dunha profunda depresión. Tiña unha grande influencia sobre o monarca, que, sumada ós seus gustos extravagantes, valeulle varios inimigos poderosos na corte. Sorel converteuse na primeira amante real recoñecida de maneira oficial.
Legado Sorel é unha das personaxes principais do poema La Pucelle, de Voltaire. Tamén é o suxeito de dúas óperas rusas de finais do século XIX, xunto con Carlos VII: A doncela de Orleáns, de Petr Ilich Chaikovskii, e The Saracen de César Cui. É unha das mulleres representadas no traballo artístico The Dinner Party, de Judy Chicago, que inclúe 999 nomes de mulleres salientables da historia. Dúas pezas de roupa usan o nome Sorel: o corsé Agnes Sorel, o corsage Sorel e un estilo de moda tamén nomeado por ela, o estilo Agnes Sorel, que se usa para describir unha forma de vestir "de princesa".
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Autheman, Marc, Agnès Sorel: l'inspiratrice. (2008). ISBN 978-2-84114-952-0 Desmondes, Tim. Agnes Sorel: The Breast And Crotch That Changed History. Austin: The Nazca Plains Corporation (2009). ISBN 1-934625-71-X Duquesne, Vie et Aventures galantes de la belle Sorel. París (1909) Goldsmid, Edmund. A King's Mistress: Or, Charles Vii. & Agnes Sorel and Chivalry in the Xv. Century, Volumes 1-2. Charleston: Nabu Press (2010). ISBN 1-146-95205-8
Categoría:Nados en 1422 Categoría:Casa de Valois Categoría:Finados en 1450