A batalla de Mercredesburne foi unha batalla entre o exército do líder saxón Aelle e os britanos, no ano 485ASC 485 Parker MS : This year Ælle fought with the Welsh nigh Mecred's- Burnsted..
Contexto A fundación lendaria do Reino de Sussex é proporcionada pola Crónica anglosaxoa, que afirma que no ano 477 Aelle chegou a un lugar chamado Cymenshore cos seus tres fillos Cymen, Wlenking e CissaASC Parker MS. 477AD.Welch.Anglo-Saxon England p.9.- When Ælle and his three sons land from three ships on a beach named after one of the sons, we are reading legend rather than history.Jones.The End of Roman Britain. p.71. - ..the repetitious entries for invading ships in the Chronicle (three ships of Hengest and Horsa; three ships of Ælle; five ships of Cerdic and Cynric; two ships of Port; three ships of Stuf and Wihtgar), drawn from preliterate traditions including bogus eponyms and duplications, might be considered a poetic convention.. A crónica describe como ao desembarcar Aelle matou os defensores locais e levou o aviso ao Bosque de Andred e entón continúa describindo a batalla de Aelle cos britanos en 485 cerca do banco de Mercredesburne, e o seu asedio a Pevensey en 491, despois do cal os seus habitantes foron masacradosASC Parker MS. 485AD.ASC Parker MS. 491AD..
O historiador e arqueólogo, Marin Welch suxire que a área entre o Ouse e os vales de Cuckmere en Sussex foron cedidos aos anglosaxóns polos britanos nun tratado de asentamentoWelch. Early Anglo-Saxon Sussex; pp. 24-25. Nennio, un monxe e cronista galés do século IX, describe como o líder britano Vortigern organizou un encontro co líder anglosaxón Hengest para chegar a un acordo. Vortigern e trescentos líderes britanos atopáronse con Hengest, supostamente para ratificar o tratado, con todo os homes de Hengest asasinaron a todos os compañeiros de Vortigern, despois de emborrachalosNennius. Ch. 44 - 46. Vortigern foi entón coaccionado a aceptar un acordo que incluía a cesión de Sussex aos anglosaxóns e a suxestión de que Merecredesburne significa "río da fronteira aceptada por acordo" é vista como unha confirmación desta reivindicaciónFriar. The Sutton Companion to Local History. pp.274-275. - Mere from the Old English mære meaning 'boundary land'..
Batalla alt=imaginary depiction of Ælle|dereita|miniatura|Pintura de Ælle do século XVII. Segundo a Crónica anglosaxoa, en 485, Aelle librou unha batalla cos britanos en MercredesburneASC Parker MS. 491AD.. Outras versións sobre a batalla derivan de descricións máis elaboradas, como a de Henrique de Huntingdon, unha versión dun historiador do século XII que suxire que cando o exército de Aelle e os seus fillos se enfrontaron aos britanos ningún bando gañou e ambos os lados prometéronse amizade aínda que despois do suceso os anglosaxóns enviaron unha petición aos seus países natais en Xermania para recibir máis tropasBritannia.com: Timeline of British History.Greenway; Henry of Huntingdon. Historia Anglorum; pp. 90-91 and footnote 38 An expanded version of ASC485.....
O cronista do século XIV Roger de Wendover mesmo nomea ao líder das forzas britanas como Aurelio AmbrosioRoger of Wendover. Flowers of History; p. 20.
O problema para os historiadores é que a Crónica anglosaxoa foi encargada no reinado de Alfredo o Grande 400 anos despois dos supostos feitos. Hai algunha evidencia de que os anglosaxóns usaban runas naquela épocaPage. Introduction to runes. pp. 16-19 Con todo a súa cultura era principalmente de tradición oral e realmente non empezaron a escribir sucesos legais e históricos ata que foron evanxelizados, sendo isto a finais do século VII para os saxóns do sur. Os primeiros cronistas cristiáns tomarían a maioría das súas referencias para o período máis temperán de fontes orais como a poesíaJones. The End of Roman Britain; p. 58.... they must ultimately have been derived from oral traditions, for the Anglo-Saxons were illiterate at the time of the invasions .... Os historiadores medievais produciron entón versións adornadas dos cronistas para adaptalas aos seus propios propósitosGreenway; Henry of Huntingdon. Historia Anglorum Sources section p. lxxxvi. Henry [of Huntingdon] was one of the 'weaver' compilers of whom Bernard Guenee has written. Taking a phrase from here and a phrase from there, connecting with one there, he wove together a continuous narrative which, derivative though it mostly is, is still very much his own creation ....
Desenlace A Crónica anglosaxoa non prové información ningunha sobre a morte de Aelle ou os seus sucesores, pero Henrique de Huntington suxire que Aelle morreu como o primeiro rei de Sussex en 515 e que foi sucedido polo seu fillo CissaGreenway. p.97. Footnote57.No genealogy of the South Saxon royal house survives and none seem to have been available to Henry. The death of Ælle and the succession of Cissa are probably deduced from ASC 477 and 491...
Localización O lugar da batalla é descoñecido. Os aldeáns de Ashburnham e Penhurst, en East Sussex, manteñen unha tradición de que unha obra de terra presaxoa coñecida como Town Creep, situada en Creep Wood que une as dúas aldeas, foi o sitio de Mercredesburne. A tradición oral que sobreviviu ao final do século XIX referíase á obra de terra como o sitio dunha cidade que foi asediada e destruída polos saxóns. En 1896 membros da Sociedade Arqueolóxica de Sussex investigaron esta afirmación, e subsecuentemente publicaron un artigo concluíndo que a obra de terra era unha posíbel localización para a batalla de Mercredesburne, e que o nome moderno, Town Creep, podía ser unha etimoloxía derivada da parte "Mercrede", a pesar de que "burne" (ou corrente) pode referirse á corrente de Ashburn que corre baixo a obra de terra.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
16x16px Anglo-Saxon Chronicle Commissioned in the reign of Alfred the Great Friar, Stephen (2004). Stroud: Sutton Publishing. Henry of Huntingdon (1996). Diana E. Greenway, ed. Historia Anglorum: the history of the English. Oxford: OUP. Jones, Michael E. (1998). Ithaca, NY: Cornell University Press. Nennius (1859). (), ed. Londres: Bohn. Britannia.com LLC. Consultado o 8 de decembro de 2010. Page, Raymond Ian (1999). An introduction to English runes, 2nd ed. Woodbridge, Suffolk: Woodbridge, Boydell. 39. Lewes: Sussex Archaeological Society. 1894. Welch, M. G. (1992). English Heritage. Welch, Martin (1978). Peter Brandon, ed. The South Saxons: Early Anglo-Saxon Sussex. Chichester: Phillimore. Roger of Wendover (1858). J. A. Giles (trans.), ed. Londres: Bohn.
Categoría:485 Categoría:Batallas do século V Categoría:Batallas dos britanos Categoría:Batallas dos anglosaxóns