Sendeiros de gloria (en ) é un filme antibélico estadounidense do ano 1957, cuxa acción se desenvolve durante a Primeira guerra mundial. Foi dirixido por Stanley Kubrick e protagonizado por Kirk Douglas. Baséase na novela do mesmo nome de Humphrey Cobb, publicada en 1935.
En 1992, o filme foi considerado «cultural, histórica e esteticamente significativo» pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e seleccionada para a súa preservación no National Film Registry.
Estreouse en galego o 14 de abril de 2002 a través da TVG.
Sinopse A historia desenvólvese en Francia, en 1916. O ataque suicida do Exército francés contra as posicións alemáns no outeiro das formigas (Ant Hill), un punto estratéxico de vital importancia para o desenvolvemento da Primeira guerra mundial, convértese nun fracaso estrepitoso. Para escarmentar as tropas cun castigo exemplar, o xeneral Mireau (George Macready), un dos principais responsables do ataque e do seu fracaso, convoca un consello de guerra: tres soldados elixidos ao azar polos seus superiores son acusados falsamente de covardía ante o inimigo, e enfróntanse á pena de morte por fusilamento.
Personaxes Kirk Douglas - coronel Dax Adolphe Menjou - xeneral George Broulard George Macready - xeneral Paul Mireau Richard Anderson - comandante Saint-Auban Wayne Morris - tenente Roget Joseph Turkel - soldado Pierre Arnaud Ralph Meeker - cabo Philippe Paris Bert Freed - sarxento Boulanger Kem Dibbs - soldado Lejeune Timothy Carey - soldado Maurice Ferol Emile Meyer - sacerdote John Stein - capitán Rousseau
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Paths of Glory en Rotten Tomatoes Paths of Glory en AllMovie
Categoría:Filmes de 1957 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Stanley Kubrick Categoría:Filmes de guerra dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes ambientados en 1916 Categoría:Filmes sobre a primeira guerra mundial Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1957 con versión en galego