A segunda onda do feminismo é un período de actividade feminista que comezou na década de 1960 nos Estados Unidos e que se espallou por todo o mundo occidental. Nos Estados Unidos, o movemento durou até comezos da década de 1980.Sarah Gamble, ed. The Routledge companion to feminism and postfeminism (2001) p. 25 Máis tarde, tornouse nun movemento mundial moi forte na Europa e en partes da Asia, como TurquíaBadran, Margot, Feminism in Islam: Secular and Religious Convergences (Oxford, Eng.: Oneworld, 2009 p. 227) e Israel, onde comezou na década de 1980. O movemento comezou outras veces noutros países.Freedman, Marcia, Theorizing Israeli Feminism, 1970–2000, in Misra, Kalpana, & Melanie S. Rich, Jewish Feminism in Israel: Some Contemporary Perspectives Hanover, N.H.: Univ. Press of New England (Brandeis Univ. Press) 2003 pp. 9–10

Mentres a primeira onda do feminismo estaba enfocada principalmente no sufraxio e na derruba de obstáculos legais á igualdade de xénero (ou sexa, dereito ó voto, dereitos de propiedade, etc), a segunda onda do feminismo ampliou o debate para unha ampla gama de cuestións: sexualidade, familia, mercado de traballo, dereitos reprodutivos, desigualdades de facto e desigualdades de iure. Nunha época na que as mulleres alcanzaron grandes adiantos nas profesións, nos estamentos militares, nos medios de comunicación e nos deportes, en gran parte por conta do activismo da segunda onda feminista, este movemento tamén chamaba a atención para a violencia doméstica e problemas de violación conxugal, alén de loitar pola creación de proteccións para mulleres maltratadas e por mudanzas nas leis de custodia e divorcio.

A denominación foi cuñada en marzo de 1968 por Marsha Lear ó escribir en The New York Times Magazine, que ó mesmo tempo tamén usou "primeira onda do feminismo".First Wave Feminism | BCC Feminist Philosophy Moitas historiadoras ven o fin da segunda onda feminista nos Estados Unidos no inicio dos anos 1980, coas disputas no seo do feminismo sobre temas como sexualidade e pornografía, que inaugurou a era da terceira onda do feminismo, no inicio da década de 1990.

Notas

Categoría:Historia do feminismo