Lappajärvi (en sueco Lappo) é unha cidade de Finlandia situada na rexión de Ostrobotnia do Sur. En 2017 a súa poboación era de 3.135 habitantes. A superficie do termo municipal é de 522,98 km², dos cales 102,89 km² son auga. O concello ten unha densidade de poboación de 7,45 hab./km².
O municipio recibe o seu nome do lago Lappajärvi, un dos poucos lagos de Finlandia formados polo impacto dun meteorito.
Limita cos municipios de Alajärvi, Evijärvi, Kauhava, Lapua, Vimpeli e Veteli, este último na rexión de Ostrobotnia Central.
O concello é unilingüe en finés.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web do concello
Categoría:Municipios de Ostrobotnia do Sur