A Viñeta de Schrödinger é unha revista de banda deseñada en galego promovida en 2018 pola Mesa pola Normalización Lingüística e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega e dirixida por Kiko da Silva.

O primeiro número conta con historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Aldara, Kohell, Miguel Porto, Zaida Novoa, Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor e Kiko da Silva.

O nome de Schrödinger puxéronllo porque “A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas”.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de A Viñeta de Schrödinger ‘A viñeta de Schrödinger’, a épica da supervivencia , ''Biosbardia, 7 de febreiro de 2019.

Viñeta