José Chao Falcón, nado en San Vicente de Trigás (Mondoñedo) o 21 de agosto de 1928 e finado no mesmo concello o 30 de decembro de 1986,La Voz de Galicia, 10-1-1987, p. 20. foi un mestre e político galego.

Traxectoria Ingresou no Seminario de Mondoñedo en setembro do 1940. Cursou Latín e Humanidades no curso 1941-42. Abandonou os estudos por enfermidade en febreiro de 1943. Fíxose mestre e foi profesor de EXB no colexio público de Ferreira. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD á alcaldía de Pantón e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Pantón Ligazóns externas

A Familia Chao-Falcón, saga de seminaristas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Pantón Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes