Xosé Manuel López Tuñas, nado en Negreira o 15 de xaneiro de 1948 e finado no mesmo lugar o 12 de setembro de 2026, foi un mestre, escritor e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Mestre de EXB no Colexio de Negreira. Presentouse ás eleccións municipais de 1983 encabezando a candidatura do PSdeG e foi elixido alcalde. Foi destituído o 9 de xaneiro de 1987 ao prosperar unha moción de censura presentada pola oposición.La Voz de Galici, 10-1-1987, p. 20. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1987 e do 1991, en ambas con maioría absoluta. Foi deputado provincial de 1987 a 1991. Non concorreu á reelección nas municipais de 1995 e retirouse da primeira liña política.

No 2015 publicou o seu primeiro libro, unha novela histórica titulada A flor da figueira. En 2022 publicou unha biografía sobre Avelino García García, nicrariense de Maio Pequeno que foi enviado polos nazis ao campo de concentración de Mauthausen-Gusen.

Obras A flor da figueira, 2015. Avelino García García: Raigames profundas, 2022.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Negreira

Categoría:Alcaldes de Negreira Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Negreira Categoría:Nados en 1948 Categoría:Deputados provinciais da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Finados en 2026