Urbano Losada Martínez, nado na Coruña o 13 de xuño de 1902 e finado na mesma cidade o 14 de xullo de 1974, foi un médico galego, pioneiro no uso da lingua galega na ciencia.Xosé A. Fraga "O reto de escribir sobre Medicina en galego nos tempos das Irmandades da Fala", La Opinión, 20 de novembro de 2016 Traxectoria En 1928 licenciouse en medicina pola Universidade de Santiago de Compostela. Especializouse en xinecoloxía e exerceu na súa cidade natal, colaborou coa beneficencia municipal e foi tamén inspector de sanidade. Membro numerario da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia dende 1963 o seu discurso Divagando en torno a la Medicina: Una lectura publicouse na revista Galicia Clínica.

Participou nas Irmandades da Fala e no Seminario de Estudos Galegos e colaborou en A Nosa Terra, El Momento e Nós. Leu o seu discurso de ingreso na sección de bioloxía do SEG o 6 de marzo de 1926 co título Superstición, suxestión e meiciña. Parte do discurso publicouna a revista Nós no número de maio co título A espiritada de Moeche e o poseso Antón Ramilo.

Notas

Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Médicos da Coruña Categoría:Membros da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes