Jerome David Kern, nado en Nova York o 27 de xaneiro de 1885 e finado na mesma cidade o 11 de novembro de 1945, foi un compositor estadounidense. Escribiu máis de 700 cancións e máis de 100 partituras para programas e filmes nunha carreira que durou dende 1902 ata a súa morte.
Traxectoria Kern era fillo de Henry Kern (1842–1908), un inmigrante xudeu alemán e Fannie Kern, de solteira Kakeles (1852–1907), que descendía de xudeus estadounidenses e de bohemios. Recibiu o nome de Jerome porque vivían preto do parque Jerome, o seu lugar favorito. O parque debe o seu nome a Leonard Jerome, avó de Winston Churchill.
Creceu en East 56th Street en Midtown Manhattan, onde asistiu a escolas públicas. Estudou en The New York College of Music e despois en Heidelberg (Alemaña). Cando regresou a Nova York, comezou a traballar como pianista, mais rapidamente se converteu nun recoñecido artista. Contra 1915 era representado en moitos espectáculos de Broadway. En 1920 escribiu "Look for the Silver Living" para o musical Sally.
En 1925 coñeceu a Oscar Hammerstein II con quen trabou unha amizade que durou toda a vida. O seu primeiro espectáculo, escrito por eles e Otto Harbach foi Sunny. Xuntos produciron a célebre obra Show Boat (1927) que incluía as cancións "Ol' Man River" e "Can't Help Lovin' Dat Man". O musical Roberta (1933) incluíu "Smoke Gets in Your Eyes" e "Yesterdays".
En 1933 mudouse a Hollywood e comezou a traballar en música para filmes mentres continuaba a traballar nos espectáculos de Broadway. O seu último traballo en Broadway foi Very Warm For May (1939), que non tivo tanto éxito mais que incluía outro clásico, "All The Things You Are".
A súa carreira no cinema tivo bastante éxito. Para Swing Time (con Ginger Rogers e Fred Astaire), compuxo "The Way You Look Tonight" con letra de Dorothy Fields, coa que gañou o Óscar á mellor canción. En 1941, el e Hammerstein escribiron "The Last Time I Saw Paris", unha homenaxe á cidade francesa ocupada polos alemáns. A canción apareceu no filme Lady Be Good e novamente gañou o Óscar.
Vida privada e morte Kern e a súa dona, Eva, ían decotío de vacacións no seu iate Show Boat. El coleccionaba libros raros e gozaba das apostas aos cabalos.Jerome Kern at the NNDB database, consultada o 17 de maio de 2010 Polo tempo da súa morte, a Metro-Goldwyn-Mayer estaba a filmar unha versión ficcionalizada da súa vida, Till the Clouds Roll By, que se estreou en 1946 con Robert Walker como Kern.The Times, 7 de febreiro de 1947, p. 8 No filme, as cancións de Kern estaban cantadas por Judy Garland, Kathryn Grayson, June Allyson, Lena Horne, Dinah Shore, Frank Sinatra e Angela Lansbury entre outros, mentres que Gower Champion e Cyd Charisse aparecían como bailaríns."Till the Clouds Roll By", credits, Internet Archive, consultado o 4 de xuño de 2013
No outono de 1945, Kern volveu a Nova York para supervisar as audicións para unha nova estrea de Show Boat, e comezou a traballar na banda sonora do que foi o musical Annie Get Your Gun, que ía ser producido por Rodgers e Hammerstein. O 5 de novembro de 1945, aos 60 anos, sufriu unha hemorraxia cerebral mentres paseaba pola esquina de Park Avenue con 57th Street.Sleeve notes, Atlantic LP ALS 409 "George Byron Sings Jerome Kern", 1952 Identificado só pola súa tarxeta da ASCAP, foi levado inicialmente ao pavillón de indixentes do City Hospital, e logo ao Doctors Hospital de Manhattan. Hammerstein estaba a carón de Kern cando deixou de respirar. Hammerstein cantaruxoulle ao oído a canción "I've Told Ev'ry Little Star" de Music in the Air, unha das súas favoritas. Cando non recibiu resposta, Hammerstein deuse de conta de que Kern morrera. Rodgers e Hammerstein asignaron logo a tarefa de escribir a banda sonora de Annie Get Your Gun ao veterano compositor Irving Berlin.Byrnside, Ronald e Andrew Lamb. "Kern, Jerome (David)". Grove Online, Oxford Music Online, consultado o 10 de maio de 2010 (require subscrición).
Kern está enterrado en Ferncliff Cemetery en Westchester County, Nova York. Foi sobrevivido pola súa dona e a súa filla, Betty Jane (1913–1996; casada con Artie Shaw en 1942 e despois con Jack Cummings)."Jerome Kern Dies; Noted Composer, 60". The New York Times, 12 de novembro de 1945
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Banfield, Stephen and Geoffrey Holden Block. Jerome Kern, New Haven, Connecticut, Yale University Press, 2006. Blackman, Michael Ernest (1989). A short history of Walton-on-Thames, Walton and Weybridge Local History Society. Block, G. "Show Boat: In the Beginning", Enchanted Evenings: the Broadway Musical from ‘Show Boat’ to Sondheim (Nova York, 1997), pp, 19–40; 319–24 Bloom, Ken and Vlastnik, Frank. Broadway Musicals: The 101 Greatest Shows of all Time. Black Dog & Leventhal Publishers, Nova York, 2004. Bordman, Gerald. Jerome Kern: his Life and Music (Nova York, 1980) Davis, L. Bolton and Wodehouse and Kern: the Men who made Musical Comedy (Nova York, 1993) Denison, Chuck, and Duncan Schiedt. The Great American Songbook. Bandon, Oregon, Robert D. Reed Publishers, 2004. Ewen, D. The World of Jerome Kern (Nova York, 1960) Fordin, Hugh. Jerome Kern: the Man and his Music Santa Monica, CA, 1975 Freedland, M. Jerome Kern: a Biography (Londres, 1978) Green, Benny. P. G. Wodehouse – A Literary Biography, Pavilion Books, Londres, 1981. Green, Kay (ed.) Broadway Musicals, Show by Show, Hal Leonard Corporation, 1996. Jasen, David. P. G. Wodehouse – Portrait of a Master, Garnstone Press, Londres, 1972. Lamb, Andrew. Jerome Kern in Edwardian London (Littlehampton, 1981; 1985) McLean, Lorraine Arnal. Dorothy Donnelly. Jefferson, North Carolina, McFarlan, 1999. Wilder, A. American Popular Song: the Great Innovators, 1900–1950 (Nova York, 1972). Ligazóns externas Biografía en "Songwriters Hall of Fame". "Dorothy Fields on Kern"en Dorothy Fields website; describe as circunstancias da morte de Kern.
Categoría:Compositores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova York Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia checa