María Concepción Costas Fernández, máis coñecida como Concha Costas, é unha profesora e lingüista galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente de ensino medio de Lingua e Literatura Galega no IES Auga da Laxe (Gondomar). Foi profesora asociada de Tradución Inglés-Galego na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo nos cursos 94/95 e 95/96.

Activista da normalización lingüística e da animación á lectura, coordinou a biblioteca escolar, traduciu do inglés ao galego e escribiu artigos sobre sociolingüística. Foi presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística entre 1997 e 2002. Preside a asociación Espazo Lectura do Val Miñor.

Está casada co escritor Fran Alonso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista no Diario Cultural. «Acabará nun museo se non se poñen medios», artigo en La Voz de Galicia, 24 de abril de 2001.

Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados en Galicia Categoría:Profesores Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao galego