Ernesto Xosé González Seoane, nado no Porto do Barqueiro (Mañón) en 1962, é un lingüista galego, foi director do Instituto da Lingua Galega e académico da Real Academia Galega dende 2025.
Traxectoria En 1985 licenciouse en filoloxía hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1992 doutorouse coa tese A ortografía e a gramática do galego nos estudios gramaticais do s. XIX e primeiros anos do XX, coa que logrou o premio extraordinario de doutoramento. Profesor e máis tarde catedrático do departamento de filoloxía galega da USC, foi decano da facultade de filoloxía (2004-2012) e vicerretor de Profesorado. Dirixiu o Dicionario de dicionarios do galego medieval e editou obras de Castelao e Ramón Otero Pedrayo. Entre 2013"Ernesto González Seoane: «A situación do idioma galego é manifestamente mellorable»", La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2013 e 2018 dirixiu o Instituto da Lingua Galega.
Realizou estadías docentes e científicas na City University of New York, a Universidad de Buenos Aires e a Georgetown University. Participa activamente no desenvolvemento do Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués.
Ten colaborado en Revista internacional de lingüística iberoamericana, Boletín da Real Academia Galega, Grial: revista galega de cultura, A Trabe de ouro: publicación galega de pensamento crítico e Cadernos de lingua.
Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 2004.Membros corespondentes da RAG Dúas décadas máis tarde, en outubro de 2025, foi escollido polo plenario como académico de pleno dereito, en substitución do finado de Bernardino Graña.
Obras colectivas
Entre a vendima e a castañeira de Ramón Otero Pedrayo (1999). Editor. Dicionario de dicionarios do galego medieval (2006). Director. A estandarización do léxico (2003). Coeditor con María Álvarez de la Granja. A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas (2008). Coeditor con Antón Santamarina e con Xavier Varela. Lexicografía de las lenguas románicas (2014). Coeditor. Léxico dialectal y lexicografía en la Iberorromania, Calen barbas, falen cartas. A escrita en galego na Idade Moderna (2020). Coeditor. Manual of Galician Linguistics (2025).Coeditor
Notas
Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Mañón Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes