Efialtes (en grego Ἐφιάλτης, ‘o que salta’) pode referirse a:

Varios personaxes históricos: Efialtes de Atenas, político reformador ateniense (m. -431). Efialtes de Tesalia, pastor grego que traizoou ao rei espartano Leónidas no ano -480 na batalla das Termópilas.

Varios personaxes da mitoloxía grega:

Efialtes (fillo de Ifimedia), un xigante fillo de Ifimedia e Aloeo ou Poseidón e irmán xemelgo de Oto. Os dous irmáns, chamados os Alóadas polo nome do marido de Ifimedia, pretendían derrocar a Zeus e colocaron o monte Pelión sobre o Osa para chegar até o ceo. Efialtes, outro xigante, fillo de Xea, que participou na xigantomaquia, a guerra entre os xigantes e os deuses. Morreu cando Apolo lle atravesou coa súa frecha o ollo esquerdo e Heracles fixo o propio co dereito. Efialtes, un dos cincuenta fillos de Exipto que morreu na súa noite de vodas a mans da súa esposa Arsalte, incitada polo seu pai. Efialtes, a personificación dos pesadelos. Bernard de Montfaucon, na súa obra L'Antiquité expliquée et représentée en figures menciona aos efialtes ou hifialtes (en plural) como equivalente grego dos íncubos e súcubos latinos, espíritos que adoptaban a forma de homes ou mulleres respectivamente para atormentar aos humanos introducíndose nos seus soños.

Patoloxía psicolóxica: Efialtes (enfermidade), trastorno do sono, manifestación particular dun episodio de “parálise do sono”.

Categoría:Homónimos