María Esther Fernández Carrodeguas, nada en Rianxo en 1979, é unha dramaturga, escritora, actriz e directora teatral galega.

Traxectoria Licenciada en Xornalismo e Técnica Superior en Imaxe. Formouse en interpretación en Espazo Aberto, na Escola Internacional da Comicidade e estudou Dramaturxia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Membro da compañía ButacaZero xunto a Xavier Castiñeira, dirixe o Grupo de Teatro Airiños desde 2010.

Estreas

Voaxa e Carmín. Auditorio do Castelo (MIT de Ribadavia). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero. Ribadavia, 2016. Na butaca (Fantasía nº 3 en Dor Maior). Teatro Principal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía ButacaZero. Santiago de Compostela, 2017. Barbarie en branco e negro. Aula Capella, Edifici Històric, Facultade de Filoloxía da Universidade de Barcelona. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Barcelona, 2018. Loló e Mamá. Auditorio Municipal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía De Ste Xeito Producións. Vigo, 2018. #camiños. Salón Teatro (Centro Dramático Galego). Dirección de Xavier Castiñeira. Compañía ButacaZero, Santiago de Compostela, 2018. Running. Auditorio Municipal. Dirección de Esther F. Carrodeguas. Compañía De Ste Xeito Producións. Vigo, 2019. Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña. Salón Teatro (Centro Dramático Galego). Dirección de Gena Bahamonde. Santiago de Compostela, 2019.

Publicacións miniatura|Entrevista en Nós TV. Collage, Edicións Barbantesa, Cangas do Morrazo (2011). ISBN 978-84-937330-9-4 República, Revista Núa das Artes Escénicas nº 8, Vigo (2013). Voaxa e Carmín, Difusora de Letras Artes e Ideas, Ourense (2016). Limiar Fabrice Corrons. ISBN 978-84-92958-38-2 Na butaca (Fantasía nº 3 en Dor Maior), Editorial Galaxia, Vigo (2017). ISBN 978-84-9151-074-1Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior na páxina de Galaxia. Barbarie en branco e negro, Madrygal Revista de Estudios Gallegos vol. 21, Universidade Complutense de Madrid (2018). ISSN: 1138-9664 Loló e Mamá en Dramaturxia galega actual. Vol I. Á Feira, Vigo (2018). Limiar Javier Lojo. ISBN 978-84-09-00858-2 Fantasía nº 5 en Sol ou Non en Neorretranca e Posmorriña, Edicións Positivas, Compostela (2019). Limiar Fefa Noia e Manuel Lourenzo. ISBN-13 978-84-453-5322-6 República sideral (2021). Vilaboa: Baía. 80 páxs. ISBN 978-84-9995-370-0. Iribarne (2024). Edicións Positivas, Compostela. ISBN 978-84-128055-1-2.

Obras colectivas

Libres e vivas (2021). Galaxia. ISBN 978-84-9151-586-9

Recoñecementos

Premios

2015: X Premio Abrente de Textos Teatrais da MIT de Ribadavia. Voaxa e Carmín. 2020: XIV PREMIO Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, modalidade adultos. República sideral. 2025: Mellor texto orixinal nos XXIX Premios de Teatro María Casares. Iribarne. 2025: Mellor espectáculo nos XXIX Premios de Teatro María Casares, compañía ButacaZero. Iribarne.

Candidaturas

2019: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXIII Premios de Teatro María Casares. #camiños. 2017: Finalista ao mellor texto orixinal nos XXI Premios de Teatro María Casares. Voaxa e Carmín. 2023: Finalista a mellor autoría teatral nos XXVI Premios Max. Supernormales. 2025: Finalista a mellor autoría teatral nos XXVIII Premios Max. Iribarne.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Esther F. Carrodeguas". Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Outubro de 2017. Ficha en Dramaturga.org Esther F. Carrodeguas en Contexto Teatral Web da compañía ButacaZero

Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1979