Os hazaras (en , en hazara: آزره) son un grupo étnico nativo da rexión de Hazarajat, no centro de Afganistán, que falan o haraza, unha variante da lingua dari, que á súa vez é unha variedade do persa e unha das dúas linguas oficiais de Afganistán.
Son maioritariamente xiítas e son o terceiro meirande grupo étnico de Afganistán. Tamén forman unha significativa minoría no veciño Paquistán, cunha poboación de máis de 650 000–900 000, que vive principalmente na rexión de Quetta.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Grupos étnicos de Afganistán Categoría:Grupos étnicos de Irán Categoría:Grupos étnicos de Paquistán