Brave Little Tailor é unha curtametraxe animada de 1938 producida por Walt Disney Productions e distribuída por RKO Radio Pictures. A animación é unha adaptación do conto de fadas O xastriño valente con Mickey Mouse como protagonista. Foi dirixida por Bill Roberts e ten música orixinal de Albert Hay Malotte."Brave Little Tailor ". www.bcdb.com, 12 de abril de 2012 As voces dos personaxes son as de Walt Disney como Mickey, Marcellite Garner como Minnie, e Eddie Holden como o xigante.

Brave Little Tailor foi nomeado ó Oscar á mellor curtametraxe animada na 11ª edición dos premios en 1939, pero perdeu fronte a outra produción de Disney, Ferdinand the Bull. En 1994, foi escollida como unha das mellores animacións de debuxos de tódolos tempos por membros do eido da animación. A lista foi recollida no libro The 50 Greatest Cartoons.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1938 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Bill Roberts Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes baseados nos contos dos irmáns Grimm