A Segunda División B de fútbol sala (ata 2011 chamada Primeira Nacional A) é a terceira categoría de fútbol sala en España, por baixo da Segunda División (antes División de Prata). Dispútase dende 1989 e está organizada polo Comité Nacional de Fútbol Sala (CNFS) da Real Federación Española de Fútbol.
Sistema de competición En Segunda División B hai 7 grupos: 1, 2, 3, 4, 5, 6A e 6B. Os equipos de cada grupo enfróntanse entre si de local e visitante, nunha liga a dobre volta a disputar entre setembro e maio.
Os campións de cada grupo disputan o playoff de ascenso, composto de 1 eliminatoria. Os 3 gañadores da eliminatoria ascenden a Segunda División. Os 3 últimos de cada grupo descenden a Terceira División, se o grupo fórmano 16 equipos; se o forman 15, descenden os dous últimos e se o forman 14 ou menos, descende o último clasificado.
Os equipos filiais poden participar en Segunda División B, se os seus primeiros equipos compiten nunha categoría superior (Primeira ou Segunda División). Os filiais e os seus respectivos primeiros equipos non poden competir na mesma división; por iso, se o primeiro equipo descende á categoría, o filial descenderá á súa vez a Terceira División.
Equipos participantes (tempada 2017/18) Grupo 1 Grupo 2 Grupo 3 Grupo 4 Grupo 5 Grupo 6A Grupo 6BCFS Zamora Deporcyl - Guardo FS Pizarras Los Tres Cuñados CD Universidad De Valladolid Cidade de Narón Santiago De Sama FS A Atlético Benavente FS O Esteo FS SD Xove FS Leis Pontevedra Albense FS FS Cuéllar Cojalba Uv Ventorrillo FS CD Unión ArroyoCFS Colo Colo AD San Juan Lauburu KE Ibarra CDF Auzoak Zierbana CD FS Segorbe CD Tafatrans Vulcanizados Ruiz FS CD Escuela Ciudad de Guadalajara FS A Cons. José Luis Cobo Cobo Santurtzi CF Sala Quinto FS Pinseque AD La Unión Calatayud CD Juventud del Círculo Católico Club Nuestra Señora del Portal Elorrioko Parra Taberna AD NaldaClub Manresa FS Castelldefels CCR CE Escola Pia Hospitalet Bellsport FS Pallejà FS Catgas Energia FS La Unión-Las Palmas Club Natació Sabadell Salou FS Barceloneta Futsal Cerdanyola del Vallès FC Futsal Aliança Mataró CE Braseria la Grealla Canet FS Olímpic Floresta FS Linyola A CD DéniaCDB FS Talavera Leganés FS Nueva Elda FS Ciudad de Móstoles A Zambu CFS Pinatar Navalmoral FS Inter Movistar FS AD Bargas CD Torrejón Sala FS Silver Novanca FS Jumilla AD Cáceres Universidad FS CDE Mejorada AA Pilaristas-Flex Adae Simancas-Mofami FS ValdepeñasUD Coineña FS Xerez DFC Toyota Nimauto A Ibereólica Cerro de Reyes FS CDE Melistar El Ejido 2012 CD África Ceutí SDU Peligros CD FS Senior Alcalá de Guadaíra CD Villa de Fines CD Baeza CPH Real Betis Futsal B CD Victoria Kent Spt. Constitución Infantes FS Gádor CD Villa del Río FSLas Cuevecitas FS CFS Costa Sur CD Salesianos Windows Abs-Maxorata CFS Fonononos Gomeron UD La Higuerita CFS Casa La Matanza FS Los Pinos FS Las Vegas China FS CD Chinguaro A Bohemios FSPio-Pio Temisas AD Los Álamos CFS Arte Toledano CFS Crunaga AD CFS Ila Larga CFS Los Jameos CD El Doctoral FS ADCR La Tiñosa Arsenal Town CFS Futsal Costa Mogán CD Doblepenalty Vecindario
Véxase tamén Outros artigos Primeira división española de fútbol sala Segunda división española de fútbol sala
Ligazóns externas Resultados no sitio web da RFEF
Categoría:Competicións de fútbol sala de España