Déixaas é o quinto disco da cantante galega Mercedes Peón. O álbum publicouse o 27 de abril de 2018. A revista británica Songlines escolleu Deixaas como un dos 15 mellores álbums europeos do ano 2018.

Neste traballo, realizado con Mónica de Nut e Ana Fernández, a maquinaria pesada convértese en instrumento e nos temas inclúense sons gravados en estaleiros navais. O son, a contorna, a roupa e mais o traballo de arte do videoclip, subliñan unha estética industrial e pesada asociada ao punk, a angustia e a ira na contracultura. Mercedes Peón explica nunha entrevista cal foi o proceso que a levou a conseguir que Navantia pasase de ser un espazo laboral convencional, adicado á construción naval, para converterse nun lugar para compor música industrial:

O director do vídeoclip, gravado en Navantia, é Alberto Castaño.

Lista de cancións

"Déixaas" (04:30) "MK" (05:19) "Partículas" (04:33) "Plataforma" (05:04) "Tras o muro" (04:09) "Cabelo" (00:39) "Linguas elementais" (03:35) "Ela propón" (04:24) "Cabo de min" (04:01) "Transición" (01:02) "Olores perdidos" (06:40)

Notas

Categoría:Álbums de Mercedes Peón Categoría:Álbums musicais de 2018