Mursego é o proxecto musical da compositora e violoncellista vasca Maite Arroitajauregi, nada en Éibar (Guipúscoa) en 1977.
Traxectoria É graduada en violoncello pola Escola de Música de Vitoria. Participou como cellista noutros proxectos musicais do País Vasco, como Japan Gora, Napoka Iria, Kokein, Miztura, Lisabö, Kashbad, Anari ou Manett. Entre os elementos que utiliza nas súas composicións, ademais do cello, atópanse o loop station, chiflo, pratos chineses, frauta de émbolo, theremín, pandeireta, ukelele, autoarpa, rimas, palmas e voz.
Aínda que a súa principal formación provén da música clásica, tamén recibiu influencia de grupos de música popular e rock, como Hello Cuca, Lida Damunt, Fugazi, Pixies, Sonic Youth, Atahualpa Yupanqui, Víctor Jara, Mikel Laboa ou Matt Elliott. Tamén compuxo a banda sonora de diversos proxectos cinematográficos.
Discografía Bat (2009) Bi (2010) Hiru (2013) Mursegokeriak (2013)
Bandas sonoras Invisible (2012) Emak Bakia (2013) Amama (2015) Habitar (2015)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Mursego en Artisteras. Entrevista a Mursego en El Diario Vasco. Mursego en Bandcamp
Categoría:Compositores de música electrónica Categoría:Violonchelistas de España Categoría:Nados en 1977 Categoría:Nados en Éibar