Asasinos natos (en ) é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por Woody Harrelson, Juliette Lewis, Robert Downey Jr., Tom Sizemore e Tommy Lee Jones. Conta a historia de dúas vítimas dunha infancia traumática que se converten en amantes e asasinos de masas, e que son irresponsablemente glorificados polos medios de comunicación de masas. Baséase nun guión orixinal de Quentin Tarantino que foi revisado polo escritor David Veloz, o produtor asociado Richard Rutowski e o propio Stone. Tarantino recibiu o crédito da historia. Jane Hamsher, Don Murphy e Clayton Townsend produciron o filme, con Arnon Milchan, Thom Mount e Stone como produtores executivos.
Foi estreado o 26 de agosto de 1994 nos Estados Unidos, e no Festival Internacional de Cine de Venecia o 29 de agosto de 1994. Tivo un certo éxito de recadación, conseguindo uns $50 millóns sobre un orzamento de produción de $34 millóns, e recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que alabou as interpretacións dos actores, o humor, o argumento e a mestura de acción e romance, mais atoparon o filme demasiado violento e gráfico. Salientable polo seu contido violento e por ter inspirado crimes por imitación, foi considerado un dos máis controvertidos filmes da historia por Entertainment Weekly en 2006.25 Most Controversial Movies Ever, Entertainment Weekly, 9 de xuño de 2006
Estreouse en galego o 2 de setembro de 1998 a través da TVG.
Personaxes
Woody Harrelson como Mickey Knox Juliette Lewis como Mallory Wilson Knox Robert Downey, Jr. como Wayne Gale Tom Sizemore como Detective Jack Scagnetti Tommy Lee Jones como Warden Dwight McClusky Rodney Dangerfield como Ed Wilson Edie McClurg como Mrs. Wilson Sean Stone como Kevin Wilson Russell Means como Warren Red Cloud, Sr. Lanny Flaherty como Earl Evan Handler como David Balthazar Getty como home da gasolineira Richard Lineback como Sonny Kirk Baltz como Roger Steven Wright como Dr. Emil Reingold Pruitt Taylor Vince como Warden Kavanaugh Joe Grifasi como Sheriff Duncan Homolka Everett Quinton como Wurlitzer Marshall Bell como Deputy Peter Crombie como Intense cop Grand L. Bush como Prison inmate Louis Lombardi como Deputy "Sparky" Dale Dye como Dale Wrigley Corey Everson como Mallory Knox O-Lan Jones como Mabel James Gammon (sen acreditar) como pailán Mark Harmon (sen acreditar) como Mickey Knox Adrien Brody e David Pasquesi (sen acreditar) como camareiros de Gale Arliss Howard (sen acreditar) como Owen Traft
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hamsher, Jane (1998). Killer Instinct. Broadway. Hanley, Jason. (2001) “Natural Born Killers: Music and Image in Postmodern Film,” in Postmodern Music/ Postmodern Thought, Routledge. ed. Joseph Auner e Judy Lochhead, pp. 335–359.
Ligazóns externas
Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Oliver Stone Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes de Regency Enterprises Categoría:Filmes sobre asasinos en serie Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes ambientados en Indiana Categoría:Filmes ambientados en Illinois Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego