A lingua sentinelesa é unha suposta lingua falada polo pobo sentinelés, un pobo non contactado que habita na illa Sentinela do Norte, no arquipélago de Andaman e Nicobar, na India. Xa que non houbo contacto entre este pobo e o resto do mundo durante os últimos tres séculos, non se sabe nada sobre a súa lingua. Non hai xeito de coñecer a vitalidade, a clasificación ou as características da lingua xa que o pobo non permite a chegada de foráneos na súa illa e amósanse moi hostís cara a eles. Van Driem, G. (2007). Endangered Languages of South Asia. In Handbook of Endangered Languages (pp. 303–341). Berlin: Mouton de Gruyter.
Clasificación Especúlase que os insulares falan unha única lingua e que esta podería ser membro da familia de linguas andamanesas."The most isolated tribe in the world?" en Survival International website . Consultado o 7 de outubro de 2009-10-07. Baseándose na proximidade xeográfica e en semellanzas culturais e tecnolóxicas, crese que a lingua está relacionada coas linguas onge, como o jarawa.Ethnologue report for Sentinel. Consultado o 7 de outubro de 2009. Nunha das dúas ocasións documentadas nas que individuos falantes de onge foron levados á illa Sentinela do Norte para tentar estabelecer comunicacións, non foron quen de recoñecer nada da lingua falada por eles no breve e hostil momento no que se atoparon.Pandya, Vishvajit (2008) In the Forest: Visual and Material Worlds of Andamanese History (1858–2006). University Press of America. p. 361. .
Notas
Categoría:Linguas andamanesas Categoría:Linguas da India