A 20º edición do Tour Down Under, oficialmente 2018 Santos Tour Down Under, disputouse nos arredores de Adelaida, Australia entre os días 16 e o 21 de xaneiro de 2018. Esta proba, coma todos os anos, foi a carreira inaugural do UCI WorldTour 2018.
A carreira comezou en Port Adelaide e logo dun percorrido de 783,8 quilómetros marcados pola intensa calor rematou en Adelaida. Nela participaron 140 ciclistas de 20 equipos, un número de 7 por equipo. A etapa raíña foi a quinta, co habitual final en alto no outeiro de Willunga.
O gañador foi o surafricano Daryl Impey, que acabou igualado a tempos co local Richie Porte, pero que venceu por ser moito máis regular nas posicións ao final das tiradas, logrando así o característico xersei ocre da proba austral. No terceiro posto da xeral acabou o neerlandés Tom-Jelte Slagter.
No entanto ás clasificacións secundarias, o campión do mundo eslovaco Peter Sagan logrou o maillot verde dos puntos, o surafricano Nicholas Dlamini venceu na montaña, o colombiano Egan Bernal conseguiu o branco dos mozos e o equipo do Bahrain-Merida levou a clasificación dos equipos.
Equipos Na carreira participaron os 18 conxuntos do UCI WorldTour e un combinado nacional australiano. EquipoCódigoCategoría AG2R La MondialeALMUCI WorldTour AstanaASTUCI WorldTour Bahrain-MeridaTBMUCI WorldTour BMC Racing TeamBMCUCI WorldTour Bora-HansgroheBOHUCI WorldTour Team Dimension DataDDDUCI WorldTour EF Education First-DrapacCPTUCI WorldTour Groupama-FDJFDJUCI WorldTour Team Katusha-AlpecinKATUCI WorldTour Lotto-SoudalLTSUCI WorldTour Team LottoNL-JumboTLJUCI WorldTour Mitchelton-ScottORSUCI WorldTour Movistar TeamMOVUCI WorldTour Quick-Step FloorsQSTUCI WorldTour Team SkySKYUCI WorldTour Team SunwebSUNUCI WorldTour Trek-SegafredoTFSUCI WorldTour UAE Team EmiratesUADUCI WorldTour UniSA-AustraliaSel. nacional
Premios económicos Nesta edición, o Tour Down Under repartiu 98.000€ en premios económicos. +Posición1º2º3º4º5º6º e 7º8º e 9º10º a 20ºClasificación xeral12.000 €6.000 €3.000 €1.500 €1.200 €900 €600 €300 €Etapas4.000 €2.000 €1.000 €500 €400 €300 €200 €100 €Clasificación da montaña1.200 €1.000 €500 €Clasificación por puntosClasificación dos xoves600 €300 €200 €Combatividade250 €
Carreira de exhibición
People's Choice Classic O 14 de xaneiro, dous días antes do inicio da tempada oficial, celebrouse unha carreira de exhibición en formato de critérium no centro de Adelaida. Este "paseo" consistiu en 22 voltas a un pequeno circuíto de 2,3 quilómetros. Nesta carreira participan os mesmos equipos e corredores ca no propio Tour Down Under. Nesta edición, a décimo terceira, resultou vendedor ao sprint o campión do mundo Peter Sagan.
Resultados da carreira PosiciónCiclistaEquipoTempo1 Peter SaganBora-Hansgrohe1h 4' 25"2 André GreipelLotto-Soudalm.t.320x20px Caleb EwanMitchelton-Scottm.t.
Etapas EtapaDataPercorridokmGañadorLíder1.ª16 de xaneiroPort Adelaide-Lyndoch145 André Greipel André Greipel2.ª17 de xaneiroUnley-Stirling148,6 Caleb Ewan Caleb Ewan3.ª18 de xaneiroGlenelg-Victor Harbor120,5 Elia Viviani Caleb Ewan4.ª19 de xaneiroNorwood-Uraidla128,2 Peter Sagan Peter Sagan5.ª20 de xaneiroMcLaren Vale-Willunga Hill 16x16px151,5 Richie Porte Daryl Impey6.ª21 de xaneiroAdelaida90 André Greipel Daryl ImpeyTotal783,8 Daryl Impey
Clasificación xeral A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clasificación xeral tralo remate da carreira: PosiciónCiclistaEquipoTempo25x25px Daryl ImpeyMitchelton-Scott20h 03' 34"2 Richie PorteBMC Racing Teamm.t.3 Tom-Jelte SlagterTeam Dimension Data + 16"4 Diego UlissiUAE Team Emirates + 20"5 Dries DevenynsQuick-Step Floorsm.t.6 Egan Bernal 25x25pxTeam Skym.t.7 Gorka IzagirreBahrain-Meridam.t.8 Luis León SánchezAstana + 23"9 Ruben GuerreiroTrek–Segafredom.t.10 Robert GesinkTeam LottoNL–Jumbo + 24"
Outras clasificacións
Clasificación dos sprints Pos.CiclistaEquipoPuntos25x25px Peter SaganBora642 Caleb EwanMitchelton563 Elia VivianiQuick-Step524 Daryl Impey 25x25pxMitchelton425 Phil BauhausSunweb36
Clasificación da montaña Pos.CiclistaEquipoPuntos25x25px Nicholas DlaminiDimension482 Richie PorteBMC363 Scott BowdenUniSA264 Thomas De GendtLotto175 Simon GerransBMC16
Clasificación dos xoves Pos.CiclistaEquipoTempo25x25px Egan BernalSky20h 03' 54"2 Ruben GuerreiroTrek + 3"3 Pierre LatourAG2R + 4"4 Sam OomenSunwebm.t.5 Chris HamiltonSunwebm.t.
Clasificación por equipos Pos.EquipoTempo1 Bahrain57h 37' 15"2 Dimension + 26"3 Quick-Step + 1' 04"4 Sunweb + 1' 06"5 AG2R + 5' 36"
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Tour Down Under Adelaida
Ligazóns externas Páxina web oficial
Categoría:Ciclismo en 2018