Leonardo Covelo Covelo, finado en Teis o 6 de outubro de 1932,Necrolóxica El Pueblo Gallego, 7-10-1932, p. 6. foi un político galego. Traxectoria Militante do PSOE, foi delegado da Agrupación Socialista de Vigo no V Congreso da Federación de Agrupacións Socialistas de Galicia celebrado en Ourense en 1911.Noticiero de Vigo, 4-7-1911, p. 2. Foi alcalde de Lavadores desde o 1 de abril de 1920 ata o 1 de abril de 1922. Logo foi primeiro tenente alcalde. Finou en Teis en 1932 con 58 anos.

Vida persoal Casou con Avelina Pastoriza.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Alcaldes de Lavadores Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Finados en 1932