Three Billboards Outside Ebbing, Missouri é un filme británico-estadounidense de 2017 escrito, dirixido e producido por Martin McDonagh. Está protagonizado por Frances McDormand, que interpreta unha nai que publica uns anuncios nuns carteis da estrada para chamar a atención sobre o asasinato sen resolver da súa filla. Woody Harrelson, Sam Rockwell, John Hawkes e Peter Dinklage aparecen nos papeis secundarios. O filme estreouse nos Estados Unidos o 10 de novembro de 2017, e no Reino Unido o 12 de xaneiro de 2018, a través Fox Searchlight Pictures; conseguiu unha recadación de $153 millóns en todo o mundo.
Na 90ª edición dos Óscar, gañou o premio de mellor actriz (McDormand) e mellor actor secundario (Rockwell); tivo un total de sete nomeamentos, entre os que están o de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario (Harrelson). Na 90ª edición dos Globos de Ouro, gañou os premios mellor filme dramático, mellor actriz – Drama (McDormand), mellor actor secundario (Rockwell) e mellor guión orixinal.
Personaxes
Frances McDormand como Mildred Hayes Woody Harrelson como William 'Bill' Willoughby Sam Rockwell como Jason Dixon John Hawkes como Charlie Hayes Peter Dinklage como James Abbie Cornish como Anne Willoughby Caleb Landry Jones como Red Welby Kerry Condon como Pamela Darrell Britt-Gibson como Jerome Lucas Hedges como Robbie Hayes Željko Ivanek como Sarxento Amanda Warren como Denise Kathryn Newton como Angela Hayes Samara Weaving como Penelope Clarke Peters como xefe Abercrombie
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Martin McDonagh Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes sobre cancro Categoría:Filmes sobre violación Categoría:Filmes sobre loito Categoría:Filmes sobre asasinatos Categoría:Filmes rodados en Carolina do Norte Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures