Branchiostoma floridae é unha especie de cefalocordado (os anfioxos) do xénero Branchiostoma. O xenoma desta especie foi secuenciado, revelando que entre os cordados, os morfoloxicamente máis simples tunicados están en realidade máis estreitamente relacionados cos vertebrados que os anfioxos. Conseguiron realizarse híbridos con éxito entre esta especie e o cefalocordado Asymmetron lucayanum, a pesar de que as dúas estirpes se separaron xa no Mesozoico, hai entre 120 e 160 millóns de anos.Holland ND, Holland LZ, Heimberg A. Hybrids between the Florida amphioxus (Branchiostoma floridae) and the Bahamas lancelet (Asymmetron lucayanum): developmental morphology and chromosome counts. Biol Bull. 2015 Feb;228(1):13-24. PMID 25745097. DOI 10.1086/BBLv228n1p13

Notas

Categoría:Cefalocordados