Xigante (en ) é un filme estadounidense de 1956 baseado na novela homónima de 1952 de Edna Ferber, dirixido por George Stevens e con Rock Hudson, Elizabeth Taylor e James Dean nos papeis principais. Xigante foi o último dos tres filmes protagonizados por Dean e valeulle a súa segunda candidatura póstuma ao Oscar. Faleceu nun accidente de coche antes da estrea do filme e o actor Nick Adams foi contratado para dobrar algúns diálogos da personaxe de Dean.
En 2005 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.
Foi emitido na TVG o 31 de decembro de 2006.La Voz de Galicia, 31 de decembro de 2006. Páx. 53
Sinopse Xigante trata do devir histórico dunha familia que, aínda que ao principio se resiste, finalmente cede ante as presións para converter a súa facenda gandeira en petroleira. Amosa como a riqueza do petróleo inflúe nos seus modos de vida e nos desafíos que lles xorden aos pais ao trataren de educar os seus fillos e asistilos durante o crecemento.
Jordan Benedict (Rock Hudson), dono dunha extensa facenda, coñece en Maryland a Leslie (Elizabeth Taylor), e casa con ela. Instalados na casa, axiña se dan de conta das diferenzas que os separan, mais teñen tres fillos. Atópase petróleo nas súas terra e fanlles presión para que convertan a actividade da súa facenda, de gandeira a petroleira, que ao principio conviven mais finalmente prevalece a do petróleo.
Jett Rink (James Dean) é un empregado de Benedict algo conflitivo que acaba por ser dono dunha parte da terra na que se atopa despois petróleo e que se fai moi rico. A pesar de ser dono dun imperio, é infeliz pola frustración que lle provoca o seu amor por Leslie, esposa do que era o seu xefe, e á que tratou de conquistar.
Elenco Elizabeth Taylor - Leslie Benedict Rock Hudson - Jordan "Bick" Benedict Jr. James Dean - Jett Rink Carroll Baker - Luz Benedict II Jane Withers - Vashti Snythe Robert Nichols - Mort "Pinky" Snythe, esposo de Vashti Chill Wills - Tío Bawley Mercedes McCambridge - Luz Benedict Dennis Hopper - Jordan Benedict III Sal Mineo - Angel Obregon II Rod Taylor - Sir David Karfrey Earl Holliman - "Bob" Dace Paul Fix - Doutor Horace Lynton Judith Evelyn - Señora Nancy Lynton Carolyn Craig - Lacey Lynnton Fran Bennett - Judy Benedict Elsa Cárdenas - Juana Guerra Benedict Nick Adams - Jett Rink – escena do banquete Monte Hale - Bale Clinch Max Terhune - Doutor Walker Alexander Scourby - Vello Polo Charles Watts - xuíz Oliver Whiteside Maurice Jara - Dr. Guerra Mickey Simpson - Sarge, dono de Sarge's Dine
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Guión
Categoría:Filmes de 1956 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes rodados en Texas Categoría:Filmes ambientados en Texas Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1956 con versión en galego