Indipunt é unha empresa galega fundada en Ferrol e con sede en Narón adicada á confección de pezas de punto.
Historia Fundada por Manuel Pampín Domínguez, as orixes da empresa están nun obradoiro téxtil en Leixa (Ferrol). A mediados dos anos 90 a empresa chegou a un acordo de produción con Inditex. En 1997 Inditex mercou o 51% da empresa. A principios do 2000 a produción transladouse a Río do Pozo fusionado as fábricas de O Noso Punto, Maneiras e Jema. As instalacións de Leixa pasaron a ser almacén para Lefties. En 2017 Inditex mercou o 100% da empresa. En 2018 Inditex pechou Indipunt Diseño, o equipo creativo da marca. Integrando aos 20 traballadores na zona de deseño en Arteixo. Notas
Indipunt Indipunt