QSAT-EOS, tamén coñecido como Tsukushi, é un satélite artificial da Universidade de Kyushu lanzado nun foguete Dnepr desde a base de Dombarovsky o 6 de novembro de 2014.
Características A misión de QSAT-EOS é probar varias novas tecnoloxías e facer observacións da superficie terrestre. Leva unha cámara con sensor CMOS cunha resolución de 4 m, un magnetómetro, un detector de lixo espacial e unha vela plegable de kapton de 3 m de longo para aumentar o arrastre e precipitar a súa caída.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Dnepr (foguete)
Categoría:Satélites artificiais