Ramona Victoria Epifanía Rufina Ocampo, nada en Buenos Aires o 7 de abril de 1890 e finada en BeccarÁlvarez Plá, Bárbara. «Vuelta al pasado en Villa Ocampo» diario Clarín, 1 de novembro de 2013 o 27 de xaneiro de 1979, foi unha escritora,Enciclopedia Universal Clarín del Estudiante, p. 850 intelectual, tradutora, editora e mecenas arxentina.

Traxectoria A familia Ocampo descende dun paxe galego de Isabel a Católica, un dos primeiros habitantes da illa de Santo Domingo.Vázquez (1991), p. 15 Nada nunha familia aristocrática, foi educada con institutrices e a súa primeira lingua foi o francés. En 1924 publicou a súa primeira obra, De Francesca a Beatrice, editada pola Revista de Occidente coa axuda de José Ortega y Gasset. Participou desde a súa mocidade nas primeiras manifestacións dos movementos feministas, intelectuais e antifascistas arxentinos, e en 1936 fundou a Unión Argentina de Mujeres.Vázquez (1991), p. 146

As súas viaxes por todo o mundo permitíronlle entrar en contacto cos principais expoñentes da literatura e o ámbito intelectual. Alentada por Waldo Frank e Eduardo Mallea, fundou en 1931 a revista e editorial Sur.Muñoz Pace, pp. 12-3 En 1941 instalouse definitivamente na súa residencia de Vila Ocampo —actualmente pertencente á UNESCO—, que se converteu en lugar de recepción de figuras estranxeiras como Rabindranath Tagore, Albert Camus, Graham Greene, Igor Stravinskii, Saint-John Perse, Pierre Drieu La Rochelle, Roger Caillois, Ernest Ansermet ou Indira Gāndhi.

Única latinoamericana presente nunha das sesións dos xuízos de Núremberg, militou activamente na oposición ao peronismo, motivo polo cal foi arrestada durante 26 días en 1953.Vázquez (1991), p. 185 Foi presidenta do Fondo Nacional de las Artes desde 1958 a 1973 e recibiu diversas distincións, entre elas o doutoramento honoris causa por varias universidades e a Orde do Imperio Británico. En 1977 foi a primeira muller elixida membro da Academia Argentina de Letras.

Obra Testimonios (10 series, 1935-1977) Autobiografía (6 volumes, 1979-1984) De Francesca a Beatrice (1924; con prólogo de Ortega y Gasset) La laguna de los nenúfares (1926) Domingos en Hyde Park (1936) San Isidro (1941; cun poema de Silvina Ocampo e 68 fotografías de Gustav Thorlichen) Le Vert Paradis (1947) Lawrence d´Arabia (1947; publicado en francés e inglés) El viajero y una de sus sombras (1951) Lawrence de Arabia y otros ensayos (1951) Virginia Woolf en su diario (1954) Habla el algarrobo (1959) Tagore en las barrancas de San Isidro (1961) Juan Sebastián Bach, El hombre (1964) La bella y sus enamorados (1964) Diálogo con Borges (1969) Diálogo con Mallea (1969)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Proyecto Villa Ocampo

Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores da Arxentina Categoría:Alumnos do Collège de France Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1890 Categoría:Finados en 1979