Lagartera é un concello de Castela-A Mancha, ao oeste da provincia de Toledo, agrícola e gandeiro, situado ao norte do río Texo, que pertence á comarca da Campana de Oropesa. O seu xentilicio é ou .
Xeografía Situado a 115 km da capital toledana, moi próximo ao límite da provincia de Cáceres e limítrofe coa provincia de Ávila, «á la falda N. de un cerrito o berrocal bastante pendiente, escabroso, muy extendido y desigual.», limita ó norte co concello de Candeleda, ó sur con Torrico e Oropesa, ó leste con Oropesa, e ó oeste con Herreruela de Oropesa, La Calzada de Oropesa e Oropesa, e está bañado polo río Tiétar.
Demografía Segundo o Instituto Nacional de Estadística, no ano 2017 tiña 1 422 habitantes (1 595 no 2010 e 1 839 no 2000) o que supón un continuo descenso dende o ano 2008.
Historia A orixe estivo no barrio de "Toledillo" que se une co resto do casarío por unha ponte. Pertenceu ao condado de Oropesa ata que en 1620 se declarou vila, co que tivo administración propia."Historia" Deputación provincial.
Cultura miniatura|Novia lagarterana (1912), Sorolla, Museo Sorolla. Patrimonio Ermida dos Santos Mártires."Monumentos" Deputación provincial. Igrexa parroquial de El Salvador, gótica do século XVI, con elementos barrocos dos s. XVII e XVIII, de tres naves con cruceiro, ábsida plana e coro."Iglesia de "El Salvador" Concello. Museo Municipal Marcial Moreno Pascual, que alberga valiosas pezas bordadas e obras pictóricas do autor que dá nome ao espazo, nado en Lagartera en 1911 e finado en 1983.Turismo de Castilla-La Mancha .
Festas e celebracións
Corpus Christi, en xuño. Móntanse altares nas rúas e prazas para recibir á eucaristía coas mellores e máis antigas pezas de deshilados lagarteranos. El Salvador, festa patronal, a primeira fin de semana de agosto. El Rosario, o primeiro domingo de outubro.
Economía A comercialización dos seus bordados artesanais empezou a comezos do século XX. A maior parte da economía da vila baséase nesa actividade.
Política e goberno O alcalde é, dende o ano 2011, o popular José Vicente Amor Jiménez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Páxina web do concello . Deputación de Toledo .
Categoría:Concellos da provincia de Toledo