Inmaculada Chacón Gutiérrez, nada en Zafra (provincia de Badaxoz) o 3 de xuño de 1954, é unha narradora e poeta española, máis coñecida como Inma Chacón. É irmá xemelga de Dulce Chacón.

Traxectoria Naceu en Estremadura nunha familia conservadora, aristócrata, de dereitas e do bando nacional, segundo palabras da súa irmá.Monográfico del Círculo de Lectores O seu pai, Antonio Chacón —alcalde de Zafra durante o franquismo— tiña inquietudes literarias: escribía poemas co pseudónimo de Hache e lía poesía á súa familia. Faleceu cando Inma e Dulce tiñan 11 anos. María Gutiérrez, a nai, tamén afeccionada á literatura, partiu coas nenas ao ano seguinte a Madrid, onde se instalaron.

Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, é profesora de Documentación na Universidade Rei Xoán Carlos. Foi decana da facultade de Comunicación e Humanidades na Universidade Europea de Madrid, fundadora e directora da revista dixital Binaria e directora do Doutoramento en Comunicación, Auxe Tecnolóxico e Renovación Sociocultural. Colabora con diversos medios escritos, e desde finais de 2005 é columnista de El Periódico de Extremadura.

A súa primeira novela, La princesa india, é unha homenaxe á súa irmá, pois era unha historia que ela quería escribir cando enfermou de cancro. Dulce pediulle a Inma que realizase ese proxecto, e ela decidiuse logo de atopar un colgante.

En 2011 resultou finalista do Premio Planeta de Novela coa súa cuarta novela, Tiempo de arena. A escritora comentou daquela que agardaba que ese galardón lle dese identidade propia como autora, porque até entón houbera unha forte tendencia a identificala coa súa irmá.

Obras La princesa india (Alfaguara, 2005; novela) Alas (Ellago, 2006; poesía) Urdimbres (Ellago, 2007; poesía) Las filipinianas (Alfaguara, 2007) Nick (La Galera, 2011; novela xuvenil) Antología de la herida (Musa a la 9, 2011; poesía) Tiempo de arena (Planeta, 2011; novela) Mientras pueda pensarte (Planeta, 2013; novela) Tierra sin hombres (Planeta, 2016; novela)

Traballos colectivos Las Cervantas. Obra de teatro escrita en colaboración con José Ramón Fernández para un proxecto de la Biblioteca Nacional de España, 2016.

Premios Finalista do Premio Planeta de Novela 2011 con Tiempo de arena

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Inma Chacón na web de Alfaguara] "Inma Chacón escribe el libro que su hermana gemela Dulce soñó", artigo de Carmen Sigüenza en El Mundo, 19 de maio de 2005

Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Escritores de Estremadura Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Zafra Categoría:Nados en 1954