A Apiario Editora é unha editorial galega fundada en 2014 e radicada na Coruña. Está dirixida por Antía Otero e Dores Tembrás.Nova editorial, Apiario, CRTVG, 9 de marzo de 2015.
Historia e características miniatura|Antía Otero (no medio) presentando a Editora na Libraría Paz de Pontevedra, con Miriam Ferradáns (esquerda) e Elvira Ribeiro (dereita). Xaneiro 2020. O seu catálogo contén literatura actual. Publica exclusivamente libros en galego, ademais dunha colección de obxectos. O fondo editorial en 2018 era de 11 títulos. A editorial tamén imparte cursos (presenciais na súa sede ou ben en liña) para centros de ensino e institucións públicas e privadas.
O primeiro libro publicado por Apiario foi Celebración, de Gonzalo Hermo, que saíu do prelo en 2014. A obra foi traducida ao catalán, e recibiu o Premio da Crítica de poesía galega no 2014 e o Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no 2015.
O nome da editorial, Apiario, está tomado do ámbito da apicultura, como forma de representación da creación en comunidade, o traballo artesán e a comunicación para a creación do libro. Deste modo, as distintas coleccións tamén teñen nomes relacionado co mesmo ámbito.
Obras
A editorial traballa con diferentes xéneros: ensaio e divulgación, poesía e literatura infantil.
As coleccións son: "Niño de abella", para álbums ilustrados, destinada a público infantil e xuvenil. "Cera labrada", poesía. "Pan de abella", plaquettes. "Abella mestra", ensaio e divulgación.
As obras publicadas foron: Desescribindo Marilar Aleixandre, 2016) Celebración (Gonzalo Hermo, 2014) No seu despregar (VVAA, 2016) Lumes (Ismael Ramos, 2017) O deserto (María do Cebreiro, 201) Poesía hexágono (VV.AA., 2015) O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler (Daniel Salgado, 2017) Auga a través (Dores Tembrás, 2016) Porque Cuqui non quere ir á lavanderia (María Lado, 2014) Caer de cu polo universo (Estíbaliz Espinosa, 2015) O branco non pinta! (Antía Otero e María Díaz, 2017)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da editorial
Categoría:Editoriais de Galicia